COVID-19

18/4/09

SEMANA DA LECTURA NO COLE

O día 23 de abril celébrase o "DIA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR".

Este día do ano 1616 morrían MIGUEL DE CERVANTES, WILLIAM SHAKESPEARE E O INCA GARCILASO.

Por este motivo esta data foi a elexida pola UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a tod@s, en especial aos máis novos, a descubrir o placer da lectura.
O equipo da biblioteca propón a actividade "NÓS TAMÉN CONTAMOS" na que os nen@s irán a ler, recitar, contar, cantar, dramatizar... a outras clases do cole.
Esta é unha actividade que xa está sistematizada no noso colexio e que gusta moito tanto aos nen@s como ao profesorado .
(se queres saber máis de CERVANTES,SHAKESPEARE OU GARCILASO... PREME NOS SEUS NOMES)
XA VOS CONTAREI !!!!

13/4/09

Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2008/2009

Os vindeiros 16 e 17 de abril, en Santiago de Compostela (Escola Galega de Administración Püblica, EGAP), terán lugar os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2008/2009, nos que se reunirán integrantes dos equipos de biblioteca daqueles centros que están incluídos neste programa da Consellería de Educación no actual curso 2008/2009.

Esta actividade de formación está pensada como un espazo de encontro entre o profesorado responsable destas bibliotecas escolares, con tempos para a reflexión conxunta e o intercambio de experiencias e materiais sobre os aspectos básicos relacionados coa xestión, dinamización e visibilización destes imprescindibles recursos educativos. As achegas de expertos como Glòria Durban, Ana Bernal, Felipe Zayas, Concha Costas, César Iglesias, Encarnación López Chicano, Juana Vázquez ou Emilio Pascual, axudarán con toda seguridade aos profesionais das bibliotecas escolares a avanzar na súa formación, o que garante apoios decisivos para a mellora da calidade do ensino que se imparte nos centros. PROGRAMA