COVID-19

31/5/09

XOÁN NEIRA ESTIVO NA BIBLIOTECA

XOÁN NEIRA (Farrapos de nube , Xiz de cor...) mestre e poeta de Viveiro estivo na biblioteca cos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria.
Explicounos os anagramas, acrósticos ,caligramas... e intentamos escribir algún nós.
Tamén nos recitou poemas e agasallounos cuns caligramas e unha poesía sobre o rato da biblioteca.




Pasamos un rato moi ameno e divertido.

NA BIBLIOTECA HAI MOITO POETA





O 3º TRIMESTRE A BIBLIOTECA
ESTÁ CHEA DE
POESÍA E
POETAS




Preme na imaxe e verás o que che temos preparado

29/5/09

DE VISITA POLA BIBLIOTECA CO EQUIPO DE COLABORADORES

Dentro das actividades de formación de usuarios que estamos facendo na biblioteca, os nenos e nenas de 6º que forman parte do Equipo de Colaboradores presentan a biblioteca e as diferentes zonas.
IMOS DE VIAXE CON EL@S!!!



22/5/09

20/5/09

DÍA DAS LETRAS GALEGAS-17 DE MAIO


RAMÓN PIÑEIRO

Para conmemorar este día xuntámonos na biblioteca e os nenos e nenas do cole leron contos, recitaron poemas , adiviñas... ademais entregamos a cada familia un exemplar do xornal "O charlatán de Covas" que elabora o Equipo de Normalización Lingüística do Colexio no que colaboramos tod@s.


Debuxo para a contraportada do xornal.Preme na imaxe.

19/5/09

MORREU MARIO BENEDETTI

Mario Benedetti o gran poeta morreo aos 88 anos en Montevideo.
Este é un recordo dos seus poemas (video do blog de Cervo)
Se queres ler máis poemas de Mario Benedetti, preme AQUÍ.

6/5/09

FOTOS DA SEMANA DA LECTURA-NÓS TAMÉN CONTAMOS

Celebramos a Semana da lectura no cole. Durante a hora de ler o colexio era un ir e vir de nenos e nenas polos corredores con papeis e libros nas mans cheos de poesías, adiviñas, contos... Con poucos nervos porque este é o segundo ano e nótase que non teñen "medo escénico" foi todo un éxito. Aquí tedes as fotos... e a disfrutar!!!