25/6/09

E PARA FINAL DE CURSO... TEATRO

Para celebrar o final de curso fumos tod@s (tamén foi o colexio Santa Rita de Galdo) ao teatro Pastor Díaz para ver a obra do grupo Migallas titulada "O LIBRO MÁXICO".
Un final de curso MÁXICO!!!!!


18/6/09

BO VERÁN A TOD@S



Preme na imaxe para vela máis grande

O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESEXA UNHAS FELICES VACACIÓNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO COLEXIO... E A TOD@S OS LECTORES DESTE BLOG
ATA O PRÓXIMO CURSO !!!!


DESPEDÍMONOS DO EQUIPO DE COLABORADORES

Wordle: GRACIÑAS E BOA SORTERemata o curso e temos que despedirnos do I EQUIPO DE COLABORADORES DA BIBLIOTECA.GRACIAS A TOD@S POLO VOSO TRABALLO E ... BOA SORTE NO "INSTI"(aínda que seguramente teremos contacto con eles polo blog)

13/6/09

BUSCA DO TESOURO

Esta semana fixemos unha busca do tesouro na biblioteca.
A actividade consistía en contestar a preguntas, completar poemas... consultando nunha serie de libros de poesía (este trimestre estámolo adicando á poesía).
Xogaban dous equipos de cada curso e participaron nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º de Primaria.
Estivo tan "reñido" que como veredes nas fotos, nen sequera miraban á cámara.