COVID-19

28/3/10

CUIDADO COS DATOS PERSONAIS NA REDE

Recurso educativo audiovisual da AGENCIA VASCA DE PROTECCIÓN DE DATOS sobre a privacidade e datos personais dirixido a escolares de 9 a 11 anos.
Consiste unha serie de animacións audiovisuais en formato flash e cunha guía didáctica para o profesorado que permiten diseñar sesións formativas con diversas actividades.
Este material educativo que está na páxina web www.kontuzdatos.info
trata sobre como protexer a vida privada propia e allea cando se tratan datos personais dirixido a xoves, nen@s e á comunidade escolar.


27/3/10

WEBQUEST SOBRE UXÍO NOVONEYRA

A biblioteca CEIP DE ANDRADE elaborou unha webquest sobre UXÍO NOVONEYRA.
Unha webquest é un traballo de investigación online que se fai normalmente en equipos.
Animádevos con esta webquest que seguro que vos gustará.
Para facela ide ao blog de NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA do cole.

Grazas ao Ceip de Andrade por este gran traballo.

25/3/10

OS NEN@S RECOMENDAN...

Eu son Hugo de 5º de Primaria e recomendo o libro "Un ratón educado no se tira ratopedos".Gustoume porque Gerónimo Stilton ensina a Trampita bos modais e como comportarse como un "caballero".


24/3/10

ROSALÍA E O MAR

Estas son os debuxos tan bonitos feitos polos nenos e nenas do colexio ilustrando os poemas de Rosalía.

21/3/10

POESÍAS SOBRE O MAR

A Biblioteca do CEP Cespón está a traballar o tema do mar coma na nosa biblioteca, así que imos "copiar" este estupendo libro de POESÍAS SOBRE O MAR.
Moitas grazas por este gran traballo!


18/3/10

OS NEN@S RECOMENDAN

Ángela Rivas de 6º de Primaria:O libro que máis me gustou recentemente titúlase "Locuras (y corduras) de Abby:alcanzar las estrellas" escrito por Anne Mazer.
Gustoume porque é moi imaxinativo e divertido. Trata de que si non te rindes consigues bos resultados.


17/3/10

SEMANA DA PRENSA

Do 8 ao 12 de marzo celebrouse a Semana da Prensa.
Dende a biblioteca do CEIP de Covas fixemos unha actividade para traballar cos xornais e ademais no tema monográfico desta tempada "O mar".
A actividade tiña por obxectivo buscar noticias relacionadas co mar en soporte papel (5º de Primaria) e tamén dixital (6º de Primaria) ,ademais reciclamos os xornais vellos (3º de Primaria)para facer barcos de papel e peixes.

Estas son as fotos.

16/3/10

AS CORES DO MAR

Os nen@s de 4 anos do cole colorearon estos peixes tan bonitos coas cores do mar. Graciñas a Julia de "O recanto de Mik" por esta poesía tan preciosa.
Que artistas sodes!



12/3/10

ADEUS A MIGUEL DELIBES



O día 12 de marzo morreu en Valladolid Miguel Delibes aos 89 anos.

Nunha das súas obras "El camino" escribe as aventuras de Daniel,el Mochuelo e os seus amigos que de seguro vos gustarán (busca este libro na biblioteca do cole ).

6/3/10

DIA DA MULLER -8 marzo


Grazas ao IES RIO CABE que nos "regala" este precioso cartel.
Preme na imaxe, verás que marabilla!

3/3/10

GALICIA E AS CIENCIAS DO MAR


  • Preme na imaxe e irás á páxina de Galicia e as ciencias do mar.
  • Móllate nesta páxina! ¡Sorpréndete e descubre aos grandes descoñecidos dos nosos oceános! Aquí poderás atopar experimentos e actividades que che axudarán a chegar ao fondo do mar.
  • O barco Orión, laboratorio da Dra. Medusa, xa chegou a porto. Sube e participa nos seus experimentos interactivos.
Boa viaxe!