COVID-19

28/4/10

EXPOSICIÓN "A FALA MARIÑEIRA"

A semana pasada e seguindo coas actividades da biblioteca e de normalización lingüística sobre o mar os nen@s do colexio visitaron o Concello para ver a exposición de traballos elaborados por cinco colexios da zona sobre “A fala mariñeira” e, aos alumn@s do 3º ciclo Vicente Míguez e o mariñeiro Xuxo da Casilla faláronlles sobre a vida do mar.
Na exposición había murais coas palabras, ditos e refráns que fan referencia ao mar,fotos da vida dos mariñeiros, embarcacións, aparellos e maquetas de barcos.

25/4/10

SAÍDA Á PRAIA DE COVAS

Os nenos e nenas de 4º de primaria foron ata a praia de Covas onde está o monumento adicado ao naufraxio do bergantín Palomo e a fragata Magdalena que sucedeu nesa praia en 1810. Alí recolleron datos para elaborar un traballo para o xornal do colexio e tamén colleron cunchas para manualidades.

24/4/10

VISITA DE ANA, UNHA REDEIRA DE CELEIRO



O mércores da semana pasada tanto os nen@s coma as mestras disfrutarmos coa visita de Ana , unha redeira de Celeiro, que lles ensinou os tipos de aparello, as agullas para coselo, as artes de pesca e ata fixeron os seus pinitos tratando de coser na rede.

SEMANA DA LECTURA



Dende o 26 ata o 29 de abril celebraremos no colexio a semana da lectura "NÓS SOMOS OS CONTACONTOS" para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.
Os nen@s de cada clase irán á biblioteca para ler aos nen@s doutras clases, polo que están moi nerviosos preparando os contos, poemas, dramatizacións...

23/4/10

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


O día 23 de abril celebramos o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR. Xa sabedes que esta data foi elexida porque morreron MIGUEL DE CERVANTES e WILLIAM SHAKESPEARE.Pero... sabedes quenes foron?
Busca información nos enlaces premendo enriba das fotos.
No colexio celebramos este día contestando á pregunta PARA QUE LES?
Ademais para a próxima semana celebraremos a SEMANA DA LECTURA

12/4/10

CAZA DO TESOURO


Aínda que o Día do libro infantil celébrase o día 2 de abril, como estabamos de vacacións foi trasladado ao día 12 de abril.
A biblioteca regalará a cada nen@ un marcapáxinas cun motivo mariñeiro (xa sabedes que estamos co monográfico sobre o mar) que poderán decorar ao seu gusto.
Ademais podedes resolver esta caza do tesouro.
Ánimo!

9/4/10

TEMOS DOUS NOVOS PLANETAS

Preme nos PLANETAS da barra lateral e poderás acceder a todos os blogs das BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS, tanto de Primaria como de Secundaria.
Grazas a Loly e Isa por este gran traballo e tamén a Rosana por estos estupendos carteis.

5/4/10

SEN CABLES, SEN PILAS...


No blog "O recanto de Mik" temos este video tan CURIOSO.

OS NEN@S ESCRIBEN...

Adrián de 3º escribiu unha historia para regalarnos no Día do Libro.
Graciñas ! Preme na foto de Adrián

1/4/10

EXPOSICIÓN SOBRE O MAR



Seguindo coas actividades da biblioteca sobre o tema monográficO "O mar", na entrada do colexio temos montada unha exposición con obxectos e fotos que trouxeron os nen@s .
Como podedes ver nesta presentación hai de todo un pouco: maquetas de barcos, aparello da rapeta, nós, nasas, un acuario, cunchas, ata unha mensaxe nunha botella ... e tamén unhas fotos preciosas.

Queremos dar as GRAZAS a tod@s os que colaboraron traendo este estupendo material.