COVID-19

28/3/11

DÍA DO LIBRO INFANTIL

O día 2 de abril conmemoramos o Día do Libro Infantil. Esta data foi elexida porque este día naceu o gran escritor de libros para nenos HANS CHRISTIAN ANDERSEN.
Un dos libros máis coñecidos é "O parruliño feo" e con motivo do tema monográfico da biblioteca "Interculturalidade: de cores é máis divertido", este video tenta de suliñar que a diferencia tamén é divertida, que todos somos diferentes pero temos que tratar e ser tratados igual.

21/3/11

21 de marzo -DIA CONTRA O RACISMO

Hoxe día 21 de marzo celébrase o Día contra o racismo e a xenofobia.

19/3/11

MORREU JOSEFINA ALDECOA


O día 16 de marzo morreu en Cantabria a escritora e pedagoga Josefina Aldecoa.
Foi filla e neta de mestras e en 1990 escribio a novela autobiográfica "Historia de una maestra".

Se queres saber máis de Josefina Aldecoa, preme na imaxe.

11/3/11

Lenda de "El hombre caimán"

Así debuxaron os de 5 anos a lenda que lles contou Nora sobre "El hombre caimán" .


7/3/11

EXPOSICIÓN DE CARAUTAS

Para celebrar o Entroido tivemos unha exposición de carautas feitas polos nenos e nenas do colexio. Participaron todos cunha gran creatividade e colorido.
Estos nen@s merecen un bo premio.
Feliz Entroido a tod@s!!

A LENDA COLOMBIANA "EL HOMBRE CAIMÁN"

Os nenos e nenas de 2º de primaria debuxaron así a lenda "El hombre caimán" que lles contou Nora .

5/3/11

FESTA DO ENTROIDO

O venres celebramos o Entroido. Disfrazámonos de bandeiras dos países dos nenos e nenas que temos no cole. Como o tempo non invitaba a saír polo Paseo Marítimo, desfilamos polo colexio e bailamos no ximnasio. Un grupo de xuices encargouse do xuicio ao Entroido que declararon culpable, e despois de recitar as coplas cada un dos ciclos... queimámolo.
Para rematar a festa non faltaron:rosquillas, orellas e filloas.

4/3/11

VISITA DE NORA , UNHA NAI DE COLOMBIA

Seguindo coas actividades sobre o proxecto de Interculturalidade da biblioteca, o xoves tivemos a visita de Nora que é a nai de Ana Gabriela e Carme.
Nora é de Barranquilla (Colombia) e estivo no cole para contarnos como se celebra o Entroido no seu pais.
Todos os nenos, nenas e profes disfrutamos da música típica, a lenda do "Hombre Caimán", das espectaculares fotos do Entroido, da cidade de Barranquilla e dunha exposición de obxectos e productos típicos de Colombia.
Grazas Nora pola túa colaboración.