COVID-19

25/6/12

OBRA DE TEATRO REPRESENTADA POLOS NENOS E NENAS DE 6º


O último día de clase os nenos e nenas de 6º representaron unha obra de teatro titulada "... e comeron perdices".  O decorado pintouno Ana (unha ex-alumna do cole e estudiante de Bellas Artes). Despois de todo o curso de ensaios e un pouco nerviosos, fixéronno moi ben e todos os nenos e nenas do cole pasáronno en grande.

Esta foi a súa despedida do colexio.

Graciñas e boa sorte!

22/6/12

CONTOS MUSICADOS POLOS ALUMN@S DO IES VILAR PONTE

Un grupo de alumnos e alumnas do IES Vilar Ponte (entre eles estaban Antía Eijo e Rebeca que foron alumnas do noso colexio) viñeron contarnos uns contos moi especiales. Tratábase dos "Contos musicados", contos clásicos coma "Polgariño","A Bela durminte", "Brancaneves e os sete ananiños"... acompañados por un grupo de rapaces e rapazas que tocaban os instrumentos ao mesmo tempo que contaban e cantaban as historias. Todos os nenos e nenas do colexio disfrutaron moito con esta actuación que forma parte da colaboración entre as bibliotecas escolares dos centros educativos da zona.

10/6/12

QUE ARTISTAS TEMOS NO COLE!

Estos son os traballos feitos polos nenos e nenas do colexio dentro do proxecto da biblioteca "A pintura".
Traballaron a cor,  as técnicas, as biografías de pintores, compuxeron cadros con elementos da natureza, reinterpretaron obras famosas...
Tod@s están feitos uns artistas!!

8/6/12

MÚSICA NO COLEXIO

Seguimos recibindo a profesores e alumnos do Conservatorio de Música de Viveiro. Nesta ocasión poidemos disfrutar dun quinteto de clarinetes e un grupo composto de gaita e tambores.
Durante a charla explicaron as partes do clarinete, da gaita e invitaron aos nenos e nenas a tocar con eles e descubrimos que temos verdadeiros artistas.
Despois ofreceron un concerto que deleitou a todos.




O Día da Arte Galega nos xornais

Celebramos o Día da Arte Galega na Escola , a visita que tivemos de Xoán Guerreiro e saímos nos xornais da zona da Mariña.




2/6/12

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

O CEIP de Cervo mandounos un correo onde propoñía celebrar o día 1 de xuño o “Día da arte galega na escola” en homenaxe ao día do nacemento de LUIS SEOANE.
De inmediato puxémonos “mans á obra” e contactamos con dúas estudantes de Bellas Artes en Pontevedra, Ana Corujo (ex alumna do colexio ) e a súa amiga Bibi.
Estas dúas artistas debuxaron os bocetos sobre obras de Luis Seoane, que todos os nenos e nenas pintaron con diversas técnicas (ceras, témpera...). O traballo que realizaron é estupendo . Graciñas a todos. Estas son as fotos.



1/6/12

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2012

Durante a semana do 21 ao 25 de maio tivemos na biblioteca o Festival das Letras Galegas. Nel todos os nenos e nenas, divididos por ciclos, recitaron poemas de autores galegos a todos os compañeir@s e os alumnos/as de 6º fixéronno cos poemas de Valentín Paz Andrade.
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS on PhotoPeach

VISITA DE ALUMNOS DO CONSERVATORIO DE VIVEIRO

Tivemos a visita dun profesor e alumnos do Conservatorio de Música de Viveiro para amosarnos os tipos de instrumentos, en especial os de vento, e informarnos sobre o que instrumentos e ensinanzas poden estudiar no Conservatorio. Ao final deleitaron a todos os nenos e nenas do colexio cun pequeno concerto.