COVID-19
▼
10/11/12
CELEBRAMOS O MAGOSTO
O venres celebramos o Magosto e o Día do Peón.
Fixemos unha exposición de produtos do outono e nas clases decoramos cabazas,noces, castañas, laranxas... elaboramos libros de receitas e quedaron uns traballos moi vistosos. Na biblioteca están expostos os libros de medo por si alguén "se atreve" ir lelos. Como tamén celebramos o Día do Peón, os nenos e nenas decoraron os seus peóns que logo bailaron na festa do Magosto.
Estas son as fotos da festa do Magosto na que comimos castañas asadas (colaborando a ANPA)que estaban boísimas. O conserxe fixo unha demostración asando as castañas ao modo tradicional.
Os nenos e nenas de 6º axudaron pelando as castañas aos de infantil.
Despois de comer e beber (zume ou auga) os nenos/as de 6º leron o manifesto do peón de Brinquedia e todas as clases fixeron unha exhibición de baile do peón no que algúns son uns verdadeiros artistas.
Luke (o noso auxiliar de conversa) tamén o intentou pero con escaso éxito.
9/11/12
EQUIPO DE COLABORADORES DA BIBLIOTECA
Este é o equipo de colaboradores da biblioteca do curso 2012-2013.
Son nenos e nenas de 6º de Primaria que traballarán durante os recreos na organización da biblioteca.
Despois dun "periodo de formación" e unhas rigurosas e duras probas, por fin asinaron o contrato de traballo.
Graciñas a tod@s pola vosa colaboración.