COVID-19

O RAP DO NADAL

Como despedida do primeiro trimestre, os nenos e nenas de 6º de Primaria cantaron e bailaron "O rap do Nadal" creado por eles, para felicitar a toda a comunidade educativa e sobre todo para animar a "ler libros este Nadal".

BO NADAL!


19/12/12

RECURSOS PARA O NADAL

 Preme na imaxe

Os EDLG (Equipos de Dinamización da Lingua Galega) poñen á nosa disposición todos os recursos creados por diferentes centros galegos.

Postais en galego:
 http://www.xunta.es/linguagalega/postais_en_galego

Cantámosche os Reis:
 http://www.xunta.es/linguagalega/contamosche_reis

Lingua de Reis:
http://www.xunta.es/linguagalega/lingua_reis

 Cartas aos Reis:
http://www.xunta.es/linguagalega/carta_maxestades

O libro dos Reis Magos:
 http://www.xunta.es/linguagalega/libro_reis_magos

13/12/12

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO

O día 12 de decembro as 12:12 horas todos os nenos e nenas do centro recitaron o poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar".




5/12/12

OLLOS DE AULA

 

Ollos de aula é a revista que edita a CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) para as familias do alumnado.
 No número deste mes trata os temas do reforzo educativo, os xoguetes do Nadal ou o Informe do Consello Europeo sobre a política lingüística da Xunta. Tedes toda a información e a posibilidade de descargas no enlace se premes na imaxe.

10/11/12

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O venres celebramos o Magosto e o Día do Peón. Fixemos unha exposición de produtos do outono e nas clases decoramos cabazas,noces, castañas, laranxas... elaboramos libros de receitas e quedaron uns traballos moi vistosos. Na biblioteca están expostos os libros de medo por si alguén "se atreve" ir lelos. Como tamén celebramos o Día do Peón, os nenos e nenas decoraron os seus peóns que logo bailaron na festa do Magosto.

Estas son as fotos da festa do Magosto na que comimos castañas asadas (colaborando a ANPA)que estaban boísimas. O conserxe fixo unha demostración asando as castañas ao modo tradicional. Os nenos e nenas de 6º axudaron pelando as castañas aos de infantil. Despois de comer e beber (zume ou auga) os nenos/as de 6º leron o manifesto do peón de Brinquedia e todas as clases fixeron unha exhibición de baile do peón no que algúns son uns verdadeiros artistas. Luke (o noso auxiliar de conversa) tamén o intentou pero con escaso éxito.

9/11/12

EQUIPO DE COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Este é o equipo de colaboradores da biblioteca do curso 2012-2013. Son nenos e nenas de 6º de Primaria que traballarán durante os recreos na organización da biblioteca. Despois dun "periodo de formación" e unhas rigurosas e duras probas, por fin asinaron o contrato de traballo. Graciñas a tod@s pola vosa colaboración.

31/10/12

Contacontos "Os quinquilláns"

Tivemos a visita do grupo de teatro "Os quinquilláns" que nos presentaron a obra "Merlín". Entusiamaron a todos os nenos e nenas dende 1º ata 6º de Primaria (e ás proferoras tamén).

28/10/12

MASARTÍSTICAS

Video realizado polo grupo Masartísticas para defender a educación artística na educación.

26/10/12

24 DE OUTUBRO- DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca no colexio. A actividade elexida para esta ocasión foi "Padriños e madriñas de lectura" na que os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria en grupos de padriños e madriñas contaron historias  aos afillados e afilladas ( nenos e nenas de infantil, 1º,2º e 3º).
Esta actividade levouse a cabo por todo o centro: no ximnasio, na biblioteca, na clase e ata nos corredores "todo sitio é bo cando hai unha boa historia e un amigo para contarcha".

10/10/12

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe saíron da biblioteca as primeiras mochilas viaxeiras do curso. Este ano puxemos en circulación sete mochilas (1 en infantil e 6 en primaria). Así de content@s estaban cando as levaron.

29/9/12

SOMOS PLURILINGÜES

Comezamos o curso con dous novos proxectos no colexio. Por un lado somos un centro Plurilingüe e impartiremos a área de Artística (plástica) en inglés en 1º de Educación Primaria. Por outro lado temos unha Sección Bilingüe e tamén será a Plástica a asignatura elexida para impartila en inglés aos alumnos/as de 6º de Primaria. Por ser centro Plurilingüe imos contar con un Auxiliar de Conversa que axudará aos nenos e nenas a reforzar as habilidades orais.

15/9/12

EMPEZAN A VIAXAR AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Queridas Familias As mochilas viaxeiras van comezar a súa viaxe polas casas dos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Covas. Este curso poñemos en "circulación" unha mochila para cada curso de Primaria e unha para todo o ciclo de infantil. Para pedir as mochilas tan só tedes que cubrir o impreso de solicitude que levarán ás casas os nenos e nenas, ou ben descargar o impreso que tedes a continuación.

13/9/12

BENVID@S AO NOVO CURSO

Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro). Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide.

25/6/12

OBRA DE TEATRO REPRESENTADA POLOS NENOS E NENAS DE 6º


O último día de clase os nenos e nenas de 6º representaron unha obra de teatro titulada "... e comeron perdices".  O decorado pintouno Ana (unha ex-alumna do cole e estudiante de Bellas Artes). Despois de todo o curso de ensaios e un pouco nerviosos, fixéronno moi ben e todos os nenos e nenas do cole pasáronno en grande.

Esta foi a súa despedida do colexio.

Graciñas e boa sorte!

22/6/12

CONTOS MUSICADOS POLOS ALUMN@S DO IES VILAR PONTE

Un grupo de alumnos e alumnas do IES Vilar Ponte (entre eles estaban Antía Eijo e Rebeca que foron alumnas do noso colexio) viñeron contarnos uns contos moi especiales. Tratábase dos "Contos musicados", contos clásicos coma "Polgariño","A Bela durminte", "Brancaneves e os sete ananiños"... acompañados por un grupo de rapaces e rapazas que tocaban os instrumentos ao mesmo tempo que contaban e cantaban as historias. Todos os nenos e nenas do colexio disfrutaron moito con esta actuación que forma parte da colaboración entre as bibliotecas escolares dos centros educativos da zona.

10/6/12

QUE ARTISTAS TEMOS NO COLE!

Estos son os traballos feitos polos nenos e nenas do colexio dentro do proxecto da biblioteca "A pintura".
Traballaron a cor,  as técnicas, as biografías de pintores, compuxeron cadros con elementos da natureza, reinterpretaron obras famosas...
Tod@s están feitos uns artistas!!

8/6/12

MÚSICA NO COLEXIO

Seguimos recibindo a profesores e alumnos do Conservatorio de Música de Viveiro. Nesta ocasión poidemos disfrutar dun quinteto de clarinetes e un grupo composto de gaita e tambores.
Durante a charla explicaron as partes do clarinete, da gaita e invitaron aos nenos e nenas a tocar con eles e descubrimos que temos verdadeiros artistas.
Despois ofreceron un concerto que deleitou a todos.




O Día da Arte Galega nos xornais

Celebramos o Día da Arte Galega na Escola , a visita que tivemos de Xoán Guerreiro e saímos nos xornais da zona da Mariña.




2/6/12

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

O CEIP de Cervo mandounos un correo onde propoñía celebrar o día 1 de xuño o “Día da arte galega na escola” en homenaxe ao día do nacemento de LUIS SEOANE.
De inmediato puxémonos “mans á obra” e contactamos con dúas estudantes de Bellas Artes en Pontevedra, Ana Corujo (ex alumna do colexio ) e a súa amiga Bibi.
Estas dúas artistas debuxaron os bocetos sobre obras de Luis Seoane, que todos os nenos e nenas pintaron con diversas técnicas (ceras, témpera...). O traballo que realizaron é estupendo . Graciñas a todos. Estas son as fotos.



1/6/12

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2012

Durante a semana do 21 ao 25 de maio tivemos na biblioteca o Festival das Letras Galegas. Nel todos os nenos e nenas, divididos por ciclos, recitaron poemas de autores galegos a todos os compañeir@s e os alumnos/as de 6º fixéronno cos poemas de Valentín Paz Andrade.
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS on PhotoPeach

VISITA DE ALUMNOS DO CONSERVATORIO DE VIVEIRO

Tivemos a visita dun profesor e alumnos do Conservatorio de Música de Viveiro para amosarnos os tipos de instrumentos, en especial os de vento, e informarnos sobre o que instrumentos e ensinanzas poden estudiar no Conservatorio. Ao final deleitaron a todos os nenos e nenas do colexio cun pequeno concerto.



17/5/12

TRÍPTICO DE VALENTÍN PAZ ANDRADE

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e o Equipo de Dinamización da biblioteca realizaron este tríptico que entregaron a cada familia para homenaxear a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.

Tríptico_valentin

11/5/12

O BIBLIORAP


Este é o rap que fixemos coa axuda dos colaboradores da biblioteca e os diferentes equipos de dinamización do centro para traballar a formación de usuarios. Para que vexades que na biblioteca tamén hai ritmo.

10/5/12

LETRAS GALEGAS 2012- VALENTÍN PAZ ANDRADE

 
Carteis e guías gañadores da exposición sobre Valentín Paz Andrade e  materiais sobre este autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012

8/5/12

PREMIO AOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA



 

A Asociación de escritores e escritoras en lingua galega     concedeu o
Premio "Institucións" aos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros de ensino e aos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos. 
O premio recolleuno simbólicamente o Sr.D. Agustín Fernández Paz, escritor e mestre.
Se queres ler o discurso, preme aquí.