COVID-19

20/12/13

VOLUNTARIADO DE LECTURA- VISITA Á RESIDENCIA DE ANCIANOS

Dentro do proxecto "Voluntariado de lectura-A" no que participamos dende a biblioteca escolar, visitamos a residencia de ancianos Geriatros. Os nenos e nenas de 6º contaron uns contos co Kamishibai e cantaron unha canción adicada aos libros.
Claudia recitou o poema "Só un libro" de Paula Carballeira.
Foi unha experiencia moi gratificante tanto para os nenos e nenas como para os "avós".

14/12/13

RECURSOS PARA NADAL

http://www.coordinadoraendl.org/nadal2013/index.php
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua pon ao noso dispor unha variada selección de recursos para o Nadal.
Hai cancións, obras de teatro, contos, manualidades... para traballar nas aulas. 

 Postais en galego
http://www.xunta.es/linguagalega/postais_en_galego

Este espazo ofrécevos diferentes modelos de postais en galego que podedes enviar por correo electrónico para felicitar estas festas.

Cartas ás Súas Maxestades de Oriente
http://www.xunta.es/linguagalega/carta_maxestades

O libro dos Reis Magos
http://www.xunta.es/linguagalega/libro_reis_magos

CADERNO VERDE DE SOGAMA


http://www.cadernoverde.com/
 
Especial de Nadal dos Trebón "Unha carta verde para os Reis Magos".
Os nosos amigos escriben unha carta aos Reis Magos e procuran pedir
agasallos sostibles. O Gato Evaristo e o Can Antenas queren un futbolín de
madeira para compartir; Vito, Lilia e Lucas, rolos de papel reciclado e
ceras para pintar (están pensando en facer un libro de aventuras), Carola,
unha bicicleta, o profesor Uxío, un xilófono, e Anselmo, unha hamaca para
deitarse. É evidente que o seu non é a actividade.
De todos os xeitos, o agasallo máis importante que nos deixan este ano é que
cos seus xestos e recomendacións seguro que contribuiron a manter un planeta
máis limpo e verde.


13/12/13

OS NEN@S DE 1º ESCRIBEN CONTOS

Os nenos e nenas de 1º estanse a convertir en futuros escritores.
 Para mostra, este conto titulado "La cabra Pepita" ilustrado cuns debuxos preciosos.


12/12/13

CHARLA SOBRE A SEGURIDADE NAS REDES SOCIAIS

Esta semana os nenos e nenas do 3º ciclo tivemos a visita de dous policías para darnos unha charla sobre a "Seguridade nas redes sociais".
Faláronnos sobre o uso do ordenador, os correos electrónicos e as redes sociais (tuenti, Facebook...). Déronnos as pautas a seguir no uso das redes sociais, sobre as contas e correos electrónicos, sobre o ciberacoso... e consellos a seguir se temos algún problema.
Ao final fixémoslles moitas preguntas sobre o tema.


8/12/13

ADEUS A NELSON MANDELA

                                                           Preme na imaxe para saber máis

"A EDUCACIÓN É A ARMA MÁIS PODEROSA PARA CAMBIAR O MUNDO"

Nelson Mandela (1918-2013)