COVID-19

25/2/14

DÍA DE ROSALÍA

O luns 24 celebramos o Día de Rosalía. Nesta ocasión recitamos poemas que trataban sobre a alimentación, xa que é o tema monográfico deste curso (A que saben os libros?).
"Has de cantar que che hei de dar zonchos", "Vamos bebendo"... son algúns dos poemas que recitaron os nenos e nenas do colexio.
Tamén realizaron uns posters ilustrando as poesías desta gran autora.
Un gran traballo e un gran recital poético.

20/2/14

CHEGA O ENTROIDO!

Recursos para o Entroido dos Equipos de dinamización da lingua galega.

http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2014

Video sobre o Entroido
A familia Trebón celebran o Entroido fabricando eles mesmos os disfraces a partires de material de refugallo. 

 Materiais para traballar nas aulas sobre o Entroido.


15/2/14

NON QUERO SER UN POLBO- KAMISHIBAI FEITO POR 5º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 5º curso de Primaria adaptaron o conto "Non quero ser un polbo" e fixeron as ilustracións para contalo co Kamishibai. Un gran traballo!



10/2/14

LIBRO ABECEDARIO DE ALIMENTOS POLA PAZ

Os nenos e nenas do centro elaboraron un abecedario de alimentos pola paz. Esta é unha das actividades que desenvolvemos no proxecto monográfico sobre a alimentación saudable.

8/2/14

A QUE SABEN OS LIBROS?


Este é o título do proxecto monográfico para o 2º e 3º trimestre. 
Está adicado á alimentación e como obxectivo fundamental queremos "fomentar a alimentación saudable entre os nenos e nenas do colexio".


Outros obxectivos:  
-Recoñecer os alimentos saudables.
 -Promocionar hábitos saudables de alimentación.
 -Fomentar o consumo de froitas e verduras. 
-Coñecer e consumir alimentos da zona. 
-Coñecer distintos tipos de platos típicos tanto de Galiza como doutros países (no centro temos nenos e nenas de diferentes países) e culturas. 
-Fomentar a colaboración dos nenos e nenas coas familias na preparación da comida.
 Actividades suxeridas:
 -Realizar un libro de receitas de pratos típicos doutros países, doutras zonas de España, de Galiza e doutras culturas. 
-Colaborar coas tendas da zona para elaborar etiquetas cos nomes dos alimentos en galego.
 -Poñer en marcha o Horto escolar.
 -Adicar o Día da Arte Galega á pintura de bodegóns. 
-Recitar poemas de Rosalía adicados á comida. 
-Participar no Plan Proxecta "Aliméntate ben" para o consumo de froitas frescas. 
... e moitas máis.

4/2/14

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O obxectivo desta conmemoración é "fomentar a cultura da paz e a non violencia nos nosos alumnos/s a través de actividades que impliquen cooperación, tolerancia e respecto aos demais". Contamos fai uns días coa visita dunha colaboradora da asociación de acollida de nenos/as dos campos de refuxiados do Sáhara que nos amosou un video sobre a vida no deserto e deunos unha pequena charla aos nenos/as do centro contando como viven outros nenos/as e outras culturas. Quixemos colaborar con estes nenos/as enchendo un "Contenedor de material escolar para o Sáhara" aportado por todos os nenos e nenas do centro. Este pequeno acto estivo acompañado de música da canción “Mandela” de Pablo Milanés. Este ano decidimos facerlle unha pequena homenaxe a Nelson Mandela, premio Nobel da Paz en 1994 na que os nenos e nenas de 6º escribiron e leron unha breve biografía e algunhas das frases pronunciadas por el e que temos exposto en posters polo colexio. Ademais cantamos unha canción adicada a Mandela (Asimbonanga). Os nenos/as leron varias frases de Mandela adicadas ao deporte, á participación e colaboración cos demais. Todo o alumnado do centro bailou unha danza sobre a importancia da non violencia e a paz e ademais un grupo de alumnas. de 6º sorprendeu cunha danza que acompañaron todos os nenos e nenas. Como o tema da biblioteca deste curso está adicado á ALIMENTACIÓN , elaboramos un ABECEDARIO DE ALIMENTOS DE PAZ entre todos os nenos e nenas do centro.