COVID-19

31/3/14

HANS CHRISTIAN ANDERSEN


BIOGRAFÍA
 

 Es capaz de contestar estas preguntas?
  


                             


                               

29/3/14

ENCONTROS DOS CENTROS DO PLAMBE

O 27 e 28 de marzo de 2014, o profesorado que coordina os equipos de biblioteca dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares reuníronse en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014.  
Os Encontros reúnen a expertos en biblioteca como Inés Miret ou Luis Miguel Cencerrado; investigadores en cultura e tecnoloxía, como Antonio Rodríguez de las Heras; científicos como Jorge Mira. Pero tamén son unha plataforma para a difusión de prácticas de excelencia que se están a dar en moitas bibliotecas escolares galegas, que se expuxeron en mesas de experiencias sobre "ciencias na biblioteca escolar", sobre a lectura ou sobre as aprendizaxe por proxectos.

MATERIAIS DOS ENCONTROS

27/3/14

O HORTO ECOLÓXICO


A finais do curso pasado empezou a tomar forma o pequeno horto ecolóxico do noso cole.
O primeiro paso foi valar o fronte;  logo, coa axuda dos pais /nais, removeuse a terra; e, por fin, neste mes de marzo sementáronse uns repolos e unhas patacas.
Este é o principio do que esperamos sexa un novo e proveitoso  recurso educativo para  @s nos@s nen@s.

26/3/14

DÍA DA ÁRBORE


O Día da árbore os nenos e nenas de 1º de Primaria prantaron un loureiro ao que lle chamaron Pinto.


21/3/14

SEMANA DA PRENSA

Durante a semana pasada conmemoramos a Semana da Prensa.
Os nenos e nenas de Infantil limos os xornais e elaboramos unha noticia.
Tamén en 3º elaboramos noticias despois de ler os xornais.
Na clase de plástica reciclamos xornais vellos e fixemos cadros, perrucas, gorros...
Tivemos expostos na biblioteca os xornais do centro "O Charlatán de Covas" , exemplares do xornal "Heraldo de Vivero" , xornais deportivos, suplementos...

16/3/14

ANXO MOURE E OS SEUS CONTOS SOLIDARIOS


Por segundo ano consecutivo visitounos ANXO MOURE, contador de historias que chegou ao noso centro nun batuxo, barca tradicional do río Miño e na que pesca contos para cociñalos.


 Contounos contos relacionados co medio ambiente e como coidar da nosa natureza.

Presentounos á xacia Luviñas, unha muller peixe que vive no río Miño e ensinounos  a coidar dos ríos e,  en vez de pelexarnos, a abrazarnos.


12/3/14

SEMANA DA PRENSA


semana da prensa-Heraldo de Vivero - Video Maker
Comezamos a Semana da Prensa no colexio coa visita de Juan Carlos Neira, director do xornal "El Heraldo de Vivero", o único xornal que se publica no noso concello. Asistimos as clases de 2º e 3º ciclo. Juan Carlos contounos moitas cousas relativas ao proceso de elaboración dos xornais: o papel empregado, as máquinas, tipos de xornais, de noticias e seccións... Relatounos anécdotas e as noticias máis importantes que publicou no Heraldo que dirixe: a aterraxe na praia de Covas de dous avións, a saída do Titanic en 1912, o descubremento dos restos do naufraxio do bergantín Palomo e a fragata Magdalena... Tamén nos falou do papel tan importante dos xornalistas á hora de coñecer o que acontece no mundo e que todos nós somos un pouco xornalistas porque contamos aos demais as cousas que pasan.

3/3/14

A ALBA Mª GÚSTALLE A POESÍA

Este é o poemario que Xosé María Álvarez Blázquez adicou á súa filla Colorín.
 Alba Mª de 6º curso de primaria e gran afecionada á poesía adaptou e ilustrou quedando un gran traballo.
 Grazas Alba por compartilo con nós.

1/3/14

ENTROIDO

          Este ano celebramos un Entroido moi especial. Por unha banda e durante toda a semana o Meco, por medio de coplas, mandounos traer postas cousas relacionadas coa cociña: o luns un gorro de cociñeir@, o martes un mandil, o mércores un trapo de cociña, o xoves un pico no pescozo e o venres un bigote, coloretes ou a cara enfariñada.
          Tivemos a visita duns residentes do centro Geriatros que viñeron ao centro contarnos unha lenda dun lugar preto de aquí (A lenda de Estabañón)  e  cantarnos cancións sobre o Entroido de Viveiro.
          Despois fumos cos nosos invitados  comer as lambetadas típicas desta festa.
Non faltaron as rosquiñas, filloas, orellas... A ANPA colaborou axudando a servir aos nenos e nenas as lambetadas acompañadas de  zume e auga.
          Estaba todo boísimo!

OS NEN@S DE 3º COMIMOS PAN

Os nenos e nenas de 3º de primaria fixemos unha degustación de diferentes tipos de pan.
Comimos: pan do país, de centeo, de trigo e baguette. Aprendimos a diferencialos pola cor, textura e sabor.
Con esta actividade seguimos a traballar no proxecto monográfico sobre a alimentación "A que saben os libros?".