COVID-19

14/11/14

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

O día 11 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón.
Coma todos os anos, os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas e a ANPA levounas asar a unha panadería da zona e repartíronnas no patio.
Previamente os nenos e nenas fixeron uns contenedores para meter as castañas con materiais de refugallo  (xornais, envases de leite...)
O conserxe ensiñoulles como se asan as castañas á maneira tradicional.
As castañas estaban boísimas e acompañáronnas con zume e auga.


magosto 2014 - Movie Maker
Tamén celebramos o Día do Peón cunha exposición  no centro de peóns decorados polos alumnos/as e o Manifesto do Peón.
Despois de comer as castañas houbo unha exhibición de baile de peón na que participaron todos os nenos e nenas demostrando que son uns artistas!!!

12/11/14

PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO CREATIVO

Os nenos e nenas de 6º e 4º  de Primaria asistiron ao obradoiro“Micropaletagráfica codeco-Charla sobre o pixel e exercicio de animación GIF analóxico” impartida por Juan Lesta.
Trátase dun sistema que permite recrear imaxes e animacións mediante a técnica stopmotion, pero dunha maneira intuitiva.
A micropaleta codeco é un sistema que nos permite manexar coas mans o concepto tan abstracto e intanxible como é o pixel.
O que fixemos no obradoiro foi crear un debuxo con gomets de cores que encaixan nunha cuadrícula e creamos imaxes de 8 bit analóxicos.
Unha vez creados os debuxos (fotogramas) polos nenos e nenas, escaneáronse e animáronse.
O resultado foi unha animación dos traballos de cada alumno/a.
Todos quedaron encantados co obradoiro.

4/11/14

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 
http://www.xunta.es/linguagalega/mes_da_ciencia_en_galego

2/11/14

ASÍ CELEBRAMOS O HALLOWEEN

O xoves todos os nenos e nenas do colexio celebramos o Halloween. Aproveitando que temos a nosa auxiliar de conversa Kimberly que axudou cos traballos terroríficos que fixeron nas clases e faloulles sobre esta festa tan popular nos Estados Unidos.
Os alumnos/as de 6º de primaria exerceron de monitores dos obradoiros de Halloween e, divididos en grupos, estiveron nas aulas dende infantil ata 5º para ensinarlles a facer manualidades desta data.
Na clase de infantil elaboraron máscaras e cabazas con tiras de papel laranxa.
 En 1º estiveron moi atarefados cos morcegos feitos con rolos de papel.


Os nenos e nenas de 2ºtraballaron moito nos seus gatos de rolo de papel ao que lle puxeron uns vistosos bigotes.


En 3º quedáronlles estupendos os pins de caveiras feitos con goma eva.

As bruxas feitas polos nenos e nenas de 4º daban arrepíos igual que os morcegos feitos coa técnica de Origami que traballaron en 5º.

Todos os traballos quedaron expostos no centro, ademais en clase de plástica elaboraron uns
modelos terroríficos de bruxas, momias... con ocos para as caras e nos que posaron os nenos e nenas.

 Daban moito medo!!!