COVID-19

20/12/14

CHEGOU O NADAL AO COLE

Rematou o primeiro trimestre e chega o Nadal. O portal de Belén xa está montado. Os nenos e nenas fixeron unhas bonitas postais de Nadal. O colexio está adornado pola ANPA esperando a Papá Noel e un rei Mago. Todos os nenos e nenas reciben un pequeno agasallo porque se portaron moi ben. Para rematar a festa, os nenos e nenas de 6º cantaron unha canción titulada SUMANDO que fai alusión ao proxecto da biblioteca para o segundo e terceiro trimestres sobre as Matemáticas. Bo Nadal a tod@s!

18/12/14

MERCADILLO SOLIDARIO EN GERIATROS


 O día 17 de decembro tivo lugar  na residencia de maiores Geriatros un MERCADILLO SOLIDARIO para recaudar fondos para o BANCO DE ALIMENTOS.
 Colaboraron: a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, Aspanana, Betania e os centros CEP Lois Tobío e o CEIP Plurilingüe de Covas. Todos os traballos eran preciosos e había moita creatividade a precios económicos.
Pero o importante foi colaborar nesta causa para que todo o mundo pase un Bo Nadal.

6/12/14

CHEGA O NADAL

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística pon á nosa dispor todos estes recursos para o Nadal.
Preme na imaxe.

5/12/14

APRENDER A USAR AS IMAXES

No blog da biblioteca de O LAR DE FRIANCIÑO temos un documento para aprender a usar as imaxes que baixamos da internet. Temos que ter en conta que moitas delas teñen o copyright e non se poden empregar.
Con esta presentación imos telo máis claro.
Graciñas a O Lar de Frianciño por este traballo tan ben feito.

14/11/14

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

O día 11 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón.
Coma todos os anos, os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas e a ANPA levounas asar a unha panadería da zona e repartíronnas no patio.
Previamente os nenos e nenas fixeron uns contenedores para meter as castañas con materiais de refugallo  (xornais, envases de leite...)
O conserxe ensiñoulles como se asan as castañas á maneira tradicional.
As castañas estaban boísimas e acompañáronnas con zume e auga.


magosto 2014 - Movie Maker
Tamén celebramos o Día do Peón cunha exposición  no centro de peóns decorados polos alumnos/as e o Manifesto do Peón.
Despois de comer as castañas houbo unha exhibición de baile de peón na que participaron todos os nenos e nenas demostrando que son uns artistas!!!

12/11/14

PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO CREATIVO

Os nenos e nenas de 6º e 4º  de Primaria asistiron ao obradoiro“Micropaletagráfica codeco-Charla sobre o pixel e exercicio de animación GIF analóxico” impartida por Juan Lesta.
Trátase dun sistema que permite recrear imaxes e animacións mediante a técnica stopmotion, pero dunha maneira intuitiva.
A micropaleta codeco é un sistema que nos permite manexar coas mans o concepto tan abstracto e intanxible como é o pixel.
O que fixemos no obradoiro foi crear un debuxo con gomets de cores que encaixan nunha cuadrícula e creamos imaxes de 8 bit analóxicos.
Unha vez creados os debuxos (fotogramas) polos nenos e nenas, escaneáronse e animáronse.
O resultado foi unha animación dos traballos de cada alumno/a.
Todos quedaron encantados co obradoiro.

4/11/14

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 
http://www.xunta.es/linguagalega/mes_da_ciencia_en_galego

2/11/14

ASÍ CELEBRAMOS O HALLOWEEN

O xoves todos os nenos e nenas do colexio celebramos o Halloween. Aproveitando que temos a nosa auxiliar de conversa Kimberly que axudou cos traballos terroríficos que fixeron nas clases e faloulles sobre esta festa tan popular nos Estados Unidos.
Os alumnos/as de 6º de primaria exerceron de monitores dos obradoiros de Halloween e, divididos en grupos, estiveron nas aulas dende infantil ata 5º para ensinarlles a facer manualidades desta data.
Na clase de infantil elaboraron máscaras e cabazas con tiras de papel laranxa.
 En 1º estiveron moi atarefados cos morcegos feitos con rolos de papel.


Os nenos e nenas de 2ºtraballaron moito nos seus gatos de rolo de papel ao que lle puxeron uns vistosos bigotes.


En 3º quedáronlles estupendos os pins de caveiras feitos con goma eva.

As bruxas feitas polos nenos e nenas de 4º daban arrepíos igual que os morcegos feitos coa técnica de Origami que traballaron en 5º.

Todos os traballos quedaron expostos no centro, ademais en clase de plástica elaboraron uns
modelos terroríficos de bruxas, momias... con ocos para as caras e nos que posaron os nenos e nenas.

 Daban moito medo!!! 

27/10/14

SOGAMA-NOITE DE SAMAÍN

Este é o videoconto da Familia Trebón "Noite de Samaín".
 Neste capítulo, os nosos amigos apostan por celebrar o Samaín dun xeito divertido, elaborando as cabazas na escola ou na casa, sin necesidade de mercar unha de xoguete.
Ademáis, anímannos tamén a disfrazarnos reutilizando cousas vellas que temos pola casa. E despois da festa, recordan que cada refugallo debe ir ao seu contedor.
http://player.vimeo.com/video/109834687

24/10/14

DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe foi un gran día para o centro  xa que conmemoramos o Día da Biblioteca
Celebrámolo LENDO UN LIBRO AOS DEMAIS NA BIBLIOTECA, neste caso aos compañeiros e compañeiras do cole.
Os nenos e nenas de Infantil disfrutaron escoitando aos de 6º de primaria que leron o conto "A que sabe a lúa?"
Asimesmo os nenos e nenas de 5 anos leron o libro "A escaleira" aos de 6º e 3º.
A clase de 5º leulles  aos de 2º os libros "El animal más valiente del mundo"  e  "Comino".
Os nen@s de 2º estiveron moi atarefados lendo "O pirata naufragado" aos compañeir@s de 5º e 4º .
"Libro de contar" foi o conto elexido pola clase de 4º para ler aos nenos e nenas de 1º.
Grazas a tod@s!

21/10/14

VII EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA

Xa temos o novo Equipo de Colaboradores e Colaboradoras da Biblioteca para este curso.
Despois dun periodo de entrenamento e de firmar un Contrato de traballo, 16 nenos e  nenas de 6º de Primaria van axudar nas tarefas de organización e fomento da lectura na biblioteca.
Colaborarán co Equipo de mestras da biblioteca en aquelas actividades relacionadas coa animación á lectura e traballarán en grupos durante os recreos.
GRAZAS a Noelia, Marta, Rodrigo, Jericó, Cheridan, Laura Fernández, Laura Rubal, Joel,Yotuel, Valeria, Brais, Ana Laura, Selenia, Yaiza, Emma e Carla.

11/10/14

CHARLA DA POLICÍA SOBRE O ACOSO ESCOLAR

"Consecuencias do acoso escolar nos que o padecen así como a responsabilidade de todos de denuncialo e combatelo"
 O venres tivemos a visita da Policía para dar  unha charla aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria sobre o acoso escolar.
Estivo moi interesante e os nenos/as fixeron moitas preguntas relacionadas co tema.




8/10/14

SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa saíron as primeiras mochilas viaxeiras do curso. Os/as afortunados/as teñen unha gran ocasión de compartir lecturas coa familia.
Dentro de cada mochila levan libros en galego, castelán, comic, poesía,música, unha revista e tamén un libro de receitas para elaborar deliciosos pratos xuntos.

BO PROVEITO! 
QUE DISFRUTEDES DA LECTURA!




Kimberly, a auxiliar de conversa, xa está no cole

Kimberly é a nosa Auxiliar de Conversa que vai estar con nós dende outubro ata maio.
O noso centro pertence dende hai 3 anos á Rede de Centros Plurilingües, nos que se imparte nunha lingua estranxeira áreas ou materias non lingüísticas (no noso cole impartimos Plástica en inglés).
A súa tarefa consiste en axudar aos nenos e nenas a desenvolver a competencia lingüística especialmente nas destrezas orais. Kimberly é dos Estados Unidos e vive en Los Ángeles.
BENVIDA KIMBERLY!

29/9/14

50 ANIVERSARIO DE MAFALDA

Hoxe día 29 celébrase o 50º aniversario da publicación de MAFALDA polo debuxante de orixe arxentino QUINO.
MAFALDA é unha nena rebelde preocupada pola humanidade e a paz mundial e que odia a sopa.

imaxe subida por Carmen Sanmartín de www.acasadepulpi.blogspot.com

O HORTO ESCOLAR

Aquí tedes unha pequena mostra dos froitos que recollimos no noso horto. Para ser o primeiro ano que o traballamos non estivo mal. O ano que ven procuraremos facer máis e mellor.

8/9/14

BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!!




Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa así a liña iniciada no pasado curso, coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean. 
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. 
Existen xa interesantes experiencias en bibliotecas escolares galegas que contemplan entre as súas actividades propostas concretas arredor das matemáticas. Agardamos que esta  nova iniciativa sirva para apoiar novas propostas e favoreza unha maior presenza desta área do coñecemento nas bibliotecas escolares e no día a día dos centros. 

6/9/14

BENVID@S AO CURSO ESCOLAR 2014-2015

Lolo quere darvos a benvida ao novo curso escolar. Este ano intentaremos que na biblioteca o pasedes ben con novas actividades  e especialmente cos vosos amigos os libros.

16/7/14

BAILA CON LOLO NA BIBLIOTECA


  Este é un proxecto feito con Scratch, un entorno de aprendizaxe de linguaxe de programación moi axeitado para nenos/as sen idea de programación. Con scratch pódense crear xogos, animacións, debuxos, operacións matemáticas... e todo o que imaxinemos.

9/7/14

LER NO VERÁN É UN BO PLAN

"Dúas rapazas que len" de Pablo Picasso

Saída ó noso patio


 Despois de observala paisaxe no noso patio representamola da maneira máis  doada para os nenos e nenas de 3 anos.