COVID-19

27/11/15

MORREU O ESCRITOR XOSÉ NEIRA VILAS

O autor de "Memorias dun neno labrego" morreu esta mañá  na súa casa de Gres en Vila de Cruces (Pontevedra) aos 87 anos.
Emigrou a Buenos Aires e alí casou coa escritora cubana Anisia Miranda.
De volta a Galicia, viviron en Gres onde morreu.
As súa obra máis coñecida é "Memorias dun neno labrego" , pero ten outras moitas para nenos como "Espantallo amigo", "O cabaliño de buxo", "A Marela taravela"...

Preme na imaxe para ir á Fundación Xosé Neira Vilas



25/11/15

RECOMENDAMOS...

O libro que recomendo titúlase "El dulce hogar de Chi" e gustoume moito porque trátase dun gato que vive nunha casa coa súa familia e pensa que é un humano. Cando se entera que é un gato... ponse como loco!
É un comic xaponés e lese ao revés.
O autor é Konami Kanata da editorial Planeta Comic.
Raquel

Estou lendo "El diario de Greg, días de perros". Gústame porque fala de como o tratan os seus pais, na escola, os seus irmáns e amigos. É moi entretido e gracioso.
O autor chámase Jeff Kinney.
Uxía
Eu recomendo o libro titulado "Bakuman". É moi divertido. Escribiuno Tsugumi Ohba e Takeshi Obata. Aos que lles guste o manga e os libros xaponeses... este é o seu libro!.
So tedes que saber ler ao revés.
Carla

24/11/15

O POETA CARLOS OROZA MORREU EN VIGO

O día 21 de novembro morreu en Vigo, onde residía, Carlos Oroza o poeta que naceu en Viveiro.
Un home polifacético que cantou nun grupo de rock, estivo activo ata o final da súa vida.
Para máis información, preme na imaxe

Blog adicado a Carlos Oroza

15/11/15

MAGOSTO E XOGOS POPULARES

O día 11 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón. Todos os nenos e nenas trouxeron castañas das casas e levámolas asar á Panadería de Covas.
 O ex-conserxe Xusto asou algunhas polo método tradicional.
 Os nenos/as de 6º de primaria repartiron as castañas aos compañeiros e comímolas todas.
 Estaban boísimas! 
Despois disfrutamos cos xogos populares coa axuda do alumnado de 6º que exerceron de monitores. Eles ensinaban aos demais nenos e nenas como xogar e coidaban de que todos o pasaran ben. Xogamos á rá, aos zancos, á chave, a mariola, corda, goma, aros... e como non podía faltar o peón. Margaret, a auxiliar de conversa,pasouno moi ben e fixo moitas preguntas sobre esta festa tan tradicional en Galicia.

10/11/15

A TÚA BANDA VAI AO COLE!

O martes de novembro unha representación da Banda de Viveiro, con Ana Gabriela de 6º incluída, desenrolou o seu proxecto educativo “A túa banda vai ao cole” cós nenos de 1º a 4 de Educación Primaria. Neste primeiro taller o alumnado tivo a oportunidade de escoitar temas coñecidos interpretados polos músicos da banda, ver os seus instrumentos de preto e, o máis divertido, podelos tocar!!!!! A banda animou a todos os nenos e nenas a formar parte da mesma. É unha actividade gratuíta, ten profesorado propio e xera a gratuidade tamén dos estudios do conservatorio. PASÁMOLO BÁRBARO!!!!

4/11/15

CELEBRANDO O HALLOWEEN

Como o día de Halloween non tivemos cole, hoxe fixemos unha pequena festa coa participación de todo o centro. Cantamos a canción "Trick or treat" que nos ensinou Margaret, a nosa auxiliar de conversa e o curso de 6º de primaria xogou a "Vestir a momia" con rollos de papel hixiénico. Os nenos e nenas de 6º disfrazados de demos, vampiros, zombies... axudaron aos máis pequenos a facer corros e a cantar a canción. Os días anteriores decoramos o colexio coa bruxa feita cunha cabaza, con morcegos feitos con origami e algúns nenos e nenas fixeron máscaras de medo. Na clase de inglés fixemos xogos  de Halloween en grupos.