COVID-19

23/9/16

CHARLA SOBRE A DISCAPACIDADE (ASPANANE)

A sicóloga de ASPANANE Isabel veu ao colexio para dar unha charla ao profesorado sobre o programa de sensibilización sobre discapacidade na comunidade educativa "EU=QUE TI". A charla foi seguida polo profesorado do centro co fin de concienciar a través de Unidades Didácticas e cinefórum con historias e actividades sobre a discapacidade ao alumnado de Educación Infantil e Primaria.
As actividades teñen como obxectivo que tomen conciencia sobre as dificultades que atopan diariamente as persoas con discapacidade.










18/9/16

A BIBLIOTECA XA ESTÁ EN ACCIÓN

A nosa biblioteca xa estivo chea de actividades na primeira semana de curso.
Para conmemorar o IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes, os nenos e nenas de 6º fixeron unha busca do tesouro, con preguntas sobre o autor.
Os nenos/as axudados de Geluca estiveron practicando o uso do Librocalizador e os préstamos dentro das actividades de Formación de usuarios que realizamos durante o primeiro trimestre.

11/9/16

LOLO DAVOS A BENVIDA Á BIBLIOTECA

Lolo - ou SuperLolo- como lle gusta que lle chamen dende que o curso pasado estrenou unha capa de superheroe, é a mascota da biblioteca.
Dende a porta de entrada do noso recuncho dos libros, da a toda a comunidade educativa a benvida ao novo curso 2016-2017.

6/9/16

BENVID@S Á BIBLIOTECA

Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos). 


"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últiimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática.