COVID-19

29/1/17

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL CON ASPANANE

Os nenos e nenas de Infantil participaron con ASPANANE nas actividades do Progama de Sensibilización no ámbito educativo.
Durante unha semana estiveron traballando sobre a discapacidade e a diversidade.





27/1/17

CANTO SABES SOBRE O DÍA DA PAZ?


Xogo sobre a paz de Xosé Antón Vicente Rodríguez. Preme aquí para xogar.



Vai estalar a Paz! feito por Fran Macías, Felo Couto e Xosé Antón Vicente.






24/1/17

CATRO NENOS/AS DO COLEXIO RECIBIRON UN PREMIO DENTRO DO CONCURSO DE POESÍA DE NADAL

Mateo (5 anos), Daniela e Alba(6º) e Ariadna(3º) foron gañadores do premio de poesía de Nadal que convocou a Biblioteca Municipal de Viveiro.
A entrega de premios tivo lugar no Concello e foron recibidos pola concelleira de Cultura.
Noraboa a estes catro artistas e non deixedes de escribir!

20/1/17

CHARLA DA POLICIA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tivemos a visita de Pablo, un policía nacional que falou aos nenos e nenas de 6º curso de primaria sobre a violencia de xénero.A charla foi moi interesante e tratou o que significa violencia de xénero, causas e como actuar ante casos de violencia.
Os alumnos/as  visualizaron videos e fixeron moitas preguntas expresando a súa preocupación sobre este tema.
Esta é a segunda actividade dentro do PLAN DIRECTOR para a Convivencia e mellora da Seguridade nos centros educativos e os seus entornos.



ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN NO ÁMBITO EDUCATIVO DA ASOCIACIÓN ASPANANE

Durante dúas semanas estivemos traballando coa Asociación ASPANANE (Asociación de Padres de Niños y Adolescentes con Necesidades Especiales ) de Viveiro sobre o programa EU=QUE TI.
Dúas sicólogas  axudadas polo alumnado da Asociación estiveron nas aulas de Infantil e Primaria traballando: as cualidades persoais, emocións e sentimentos, resolución de conflitos, actividades de sensibilizacion respecto á diversidade e visionaron unha curtametraxe para a reflexión sobre a discapacidade.
Foron unhas sesións moi interesantes nas que o alumnado do centro aprendeu e reflexionou sobre a diversidade e a discapacidade con diversas actividades como a linguaxe no sistema Braille.
Grazas á ASPANANE por este programa que ten como obxectivo achegar o coñecemento da discapacidade  á comunidade escolar.


9/1/17

SOGAMA- XOGO EN LIÑA SOBRE A COMPOSTAXE DOMÉSTICA


        A actividade, que se denomina Compostaxe doméstica. Experiencia Stop
Motion, proporciona primeiro as oportunas explicacións sobre o compost e os seus beneficios, para despois facilitar aos escolares as ferramentas necesarias de cara a elaborar o seu propio vídeo, interiorizar as vantaxes
medioambientais, económicas e sociais da autocompostaxe e contribuír á
difusión das mesmas.
        O obxectivo é que os alumnos constrúan unha historia que pode ser descargada en forma de vídeo a partir dos recursos que se poñen á súa disposición, tendo a opción de seleccionar os elementos, obxectos, personaxes esituacións que formarán parte da mesma.
         Ademais de ter a oportunidade de escoller a velocidade da película (6 ou 12 fotogramas por segundo) e a duración (10 ou 20 segundos), tamén poderán
escoller a localización ou momento do día no que se desenvolverán os
acontecementos, que se crean fotograma a fotograma. As personaxes e obxectos pódense mover dentro do escenario, cambiar de tamaño, rotar, distorsionar, etc.
O xogo, a disposición dos internautas na páxina
<http://www.compostaconsogama.galwww.compostaconsogama.gal e en
<http://www.sogama.eswww.sogama.es, funciona en dispositivos de sobremesa
e portátiles, así como en dispositivos táctiles (tabletas).