COVID-19

9/7/17

E PARA REMATAR... FESTIVAL!


Para rematar o curso 2016-2017 celebramos un festival coas actuacións por parte dos alumnos e alumnas de todo o centro. Os nenos e nenas nerviosos por actuar diante das familias puxeron toda a súa ilusión e gañas. Os nenos e nenas de 3 anos fixeron un baile coa canción Xuntos de Juan Pardo, os de 4 anos fixéronnos bailar ao ritmo de Grease. Cun clásico These boots are make for walking bailaron os alumnos/as de 5 anos.

En 1º de primaria elaboraron un mosaico ao ritmo da música que nos fascinou, a obra de teatro de 2º fíxonos pasar un bo rato e viñeron os rapeiros de 3º co seu hip hop que puxeron ao público a bailar.
Os nenos e nenas de 4º bailaron moi conxuntados a canción O sacristán de Coimbra. Os nenos e nenas de 5º de primaria teñen moita experiencia bailando hip hop e bailes modernos, a obra de teatro dos nenos e nenas de 6º foi sobre a Galiña Azul de Carlos Casares e por último todos os nenos e nenas do centro bailamos unha canción en inglés Tooty ta poñendo fin ao festival.

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Covas deséxavos un bo verán!

FESTIVAL FIN DE CURSO 1 from Bibliocovas on Vimeo.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2 from Bibliocovas on Vimeo.

FESTIVAL FIN DE CURSO 3 from Bibliocovas on Vimeo.

5/7/17

ACTUACIÓN DE MAMÁ CABRA PARA CELEBRAR O 25 ANIVERSARIO DO COLE

Para celebrar que o cole cumpre 25 anos tivemos a visita e actuación de dous compoñentes do grupo de música infantil  Mamá Cabra.
Gloria, a cantante, fíxonos cantar e bailar tanto aos alumnos/as como aos profes.
Cantamos e bailamos as cancións máis famosas: Ola, ola, lá, Eu son un artista, A miña tía, No baile... e moitas máis.


Actuación de Mamá Cabra

4/7/17

NO COLEXIO EXPERIMENTAMOS


Rematamos o proxecto monográfico da biblioteca "CIENCIA E LECTURA. EU QUERO SABER!" coa exhibición de experimentos que fixeron todos os nenos e nenas do colexio.

Participaron todas as clases dende 3 anos ata 6º de primaria expoñendo os seus experimentos a todos os demais alumnos/as do centro.
Foron tres días de ciencia e demostraron que traballaron moito. 
Cada clase fixo unha demostración práctica ademais de explicar en que consistiu o traballo.
Os traballos estiveron relacionados coa flotabilidade dos obxectos, a electricidade estática, a descomposición da luz, cos volcáns, coa densidade dos líquidos,  fixeron voar pelotas, elaboraron unha lámpada de lava, crearon neve artificial, crearon uns pulmóns artificiais...todo explicado de maneira lúdica e amena... porque a ciencia tamén pode ser divertida!
Un gran final para o noso proxecto de ciencia.
GRAZAS!!



experimentos1

experimentos4

Aquí podedes ver algún exemplo do gran traballo dos nenos e nenas.
Experimentamos