Banda de Gaitas Cacharela de Covas from Bibliocovas on Vimeo.
COVID-19
▼
15/12/17
OBRADOIRO DA BANDA DE GAITAS CACHARELA DE COVAS
Tivemos a visita de dous integrantes da Banda de Gaitas Cacharela de Covas. O director Rodrigo e Héctor, un antigo alumno do centro, explicaron aos nenos e nenas os instrumentos de percusión que tocan na banda. Dende as cunchas ata o bombo, ensinaron as diferentes partes e tocaron algunhas pezas. Tamén tocaron a gaita e invitaron á alumna Sara López, que interpretou duas cancións con eles.
12/12/17
APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR
"Aprender a pensar coa biblioteca escolar"
é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018
con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O
ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a interpretación gráfica do lema anual.
A experiencia de Xosé Tomás como profesor de inglés no CPI Manuel Suárez
Marquier (O Rosal), centro que conta cunha biblioteca moi activa, sen
dúbida está detrás da amplitude de posibilidades que imaxina na súa
recreación gráfica.
Atender a biblioteca escolar do centro supón, para comezar, o reto de deseñar un espazo
no que poidan pasar cousas. Un espazo que acolla a todos e todas e que
mesmo (como na ilustración de Xosé Tomás), teña a capacidade de
"abducir" as persoas usuarias, de trasladalas a situacións gratas de
aprendizaxe. Seleccionar os materiais, organizar os recursos, facilitar o
seu uso e organizar as actividades para a biblioteca escolar son tamén
actuacións que, segundo o enfoque e o criterio co que se realice, poden
facilitar ou dificultar esas aprendizaxes posibles.
Unha biblioteca escolar actualizada no seu modelo, nos seus
recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con
profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón
unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu
pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición
oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das
lecturas de materiais de divulgación científica, a través das
investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a
pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades
compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun
profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e,
tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos para
desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de
filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o
seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o
alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a
formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais
e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca
vivir.
5/12/17
TRABALLAMOS COS ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA
No mes da ciencia, traballamos cos Escornabots na biblioteca cun grupo de alumnos/as de 1º de primaria.
Nunha plantilla con portadas de libros facíamos preguntas sobre o libro (nome dos protagonistas, personaxes, datos sobre o contido do libro, autores...) e tiñan que ir movendo o escornabot ata a casilla coa portada correcta. Tamén fixemos unha competición entre dous escornabots, dando unha pregunta sobre os libros tratar de introducir varias ordes ao robot para chegar ata unha casilla determinada.
Nunha plantilla con portadas de libros facíamos preguntas sobre o libro (nome dos protagonistas, personaxes, datos sobre o contido do libro, autores...) e tiñan que ir movendo o escornabot ata a casilla coa portada correcta. Tamén fixemos unha competición entre dous escornabots, dando unha pregunta sobre os libros tratar de introducir varias ordes ao robot para chegar ata unha casilla determinada.
Xogando cos Escornabots na biblioteca from Bibliocovas on Vimeo.
4/12/17
ESTÁ BEN SER DIFERENTES!
O día 3 de decembro conmemoramos o día internacional das personas con discapacidade cunha actividade na que participamos con máis centros educativos a iniciativa do CEIP de Cervo.
Gravamos dous videos con frases do libro de Todd Parr "Está ben ser diferentes". Colaboramos todos os nenos e nenas do colexio e todos os videos xuntos quedaron moi ben!
PREME NA IMAXE PARA VER OS VIDEOS
macarrons_na_baneira_ceip_covas from MisisRoller on Vimeo.
ceip_covas from MisisRoller on Vimeo.
PREME NA IMAXE PARA VER OS VIDEOS