COVID-19

20/6/19

ESTRENO DA ÓPERA "UN CIRCO NAS NUBES" DO PROXECTO LÓVA


LOVA

O 14 de xuño, a compañía de ópera DIAMANTE dentro do proxecto LÓVA (La Ópera como Vehículo de Aprendizaje), estrenou a súa primeira obra "Un circo nas nubes".
A estrea foi no teatro Pastor Díaz de Viveiro ante os familiares, autoridades, profesorado invitado, nenos e nenas do cole e outros coles como Santa Rita de Galdo, Lois Tobío, Celeiro e Landro ademais do profesorado.
Foi todo un espectáculo creado e feito íntegramente polos nenos e nenas de 4º de primaria. A ópera tiña como centro a felicidade e foi un completo éxito.
Noraboa a todos estes pequenos artistas!

19/6/19

DESPEDÍMONOS DO XI EQUIPO DE COLABORADORES/AS DA BIBLIOTECA

Decimos adeus ao XI Equipo de Colaboradores/as da biblioteca.
 Desexamos a Aby, Aitana, Sara López, Daniela, Héctor, Eduardo, Sara Timiraos, Ángela, Yaili, Jonatan, Tania e Noa moita sorte nesta nova etapa que van vivir na ESO.


GRAZAS!

9/6/19

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

O día 1 de xuño celébrase no centro o Día da Arte Galega na Escola, unha data moi especial na que homenaxeamos a Luis Seoane.
Todos os anos traballamos sobre unha técnica e tema diferente e relacionado co proxecto da biblioteca.
Este curso o PDI titúlase DESCUBRINDO VIVEIRO e decidimos facer unha maqueta de Viveiro modelando os diferentes lugares e monumentos máis representativos do noso concello (Viveiro feito por nós)
Todo o alumnado estivo distribuido en 18 grupos interclases ( en cada grupo había nenos/as dende 3 anos ata 6º) guiados por un/ha profesor/a. Os grupos tiñan que realizar un monumento ou lugar de interese empregando arxila, pastilina, materiais diversos...
Tivemos que desenvolver a actividade dentro das dependencias do centro ante o risco de choiva.

Como ides ver nas fotos o resultado é ... espectacular!


8/6/19

EXPOSICIÓN DA MICRORREDE DA MARIÑA- UN XANTAR DE VERSOS



UN XANTAR DE VERSOS

Do día 4 ao 6 de xuño tivo lugar a Exposición dos traballos escolares dos centros integrantes da Microrrede da Mariña en Viveiro.
Tanto a sá de exposicións da biblioteca municipal como a sá multiusos do concello estiveron cheas de poesías que inundaban os sentidos.
A poesía que sentimos era o título do proxecto colaborativo entre os 16 centros educativos que formamos o PLAMBE e as familias. Cada centro traballou a poesía dunha perspectiva diferente pero cun punto en común... a poesía sentímola pola vista, ouvido, tacto, gusto, cheiro...  en todas as maneiras posibles a poesía é emoción que envolve o corpo.

No noso centro decidimos invitar a un Xantar de versos, comemos poesía, saboreándoa, ulindo a froita, o arroz... e que quedou plasmado nestes marabillosos traballos das familias do colexio.

Gran traballo das familias e os nenos/as, aos que damos as grazas por colaborar con nós.

Se queredes ver todas as actividades do proxecto, premede  na
 MICRORREDE DA MARIÑA
http://microrredeamarina.blogspot.com/

4/6/19

UN XANTAR DE VERSOS- MICRORREDE DA MARIÑA


A actividade deste ano do proxecto colaborativo entre as bibliotecas escolares que integramos o PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) levou por título A POESÍA QUE SENTIMOS.

No noso colexio en concreto a actividade titulábaseUN XANTAR DE VERSOS xa que a poesía sentímola co  gusto, saboreando os versos e invitámos ás familias a ese xantar con poemas.

Pedimos a colaboración das familias para elaborar un prato con poemas sobre a comida, o gusto, a cociña... e un traballo plástico para ilustrar dito poema e sobre todo tratábase de implicar ás familias nas actividades do centro e traballar colaborando o pai/nai/avós/irmáns...

Agradecemos os preciosos traballos aportados demostrando unha gran creatividade e imaxinación. MOITAS GRAZAS!!

Os traballos estiveron expostos no colexio e dende o vindeiro martes día 4 haberá unha gran exposición colectiva en Viveiro aberta ao público en xeral ata o día 6.
O día  4 foi inauguración da Exposición da Microrrede coa asistencia de autoridades, familias, mestres e sobre todo nenos e nenas.

Contamos coa presencia de Antón Cortizas, poeta escritor, actuacións de grupos do Conservatorio de Música de Viveiro, recitado de poemas a cargo do alumnado da EEI San Roque.

Durante os días da exposición houbo diferentes actividades dinamizadoras: teatro a cargo da Asociación de Axuda  ao Enfermo Mental da Mariña, poesía na Rúa ( poesías recitadas polos nenos e nenas dos centros educativos que foron difundidas pola megafonía nas rúas do casco de Viveiro).
Nas tendas e bares agasallaron con poesía escrita tamén polos nenos/as dos centros.
A Asociación TÁ EN ARTES estivo pintando en directo na rúa.

O día 6 foi a clausura cun concerto audiovisual a cargo de  David Catá e Juan Cabalar,  a presentación do libro "Esta non é outra historia de piratas" por María Rolle, a actuación do regueifeiro Cristian e do manifesto de Alba, alumnos de secundaria.

Unha semana con gran actividade no noso pobo Viveiro cheo de poesía.


















1/6/19

FOLLETO TURÍSTICO EN INGLÉS SOBRE VIVEIRO



Os nenos/as de 3º de primaria elaboraron un libro colaborativo sobre Viveiro en inglés, na área de plástica coa colaboración de Madison, a auxiliar de conversa. O libro consta de apartados como:festivals, nature, monuments… explicados en inglés e con debuxos feitos polos nenos/as. Unha guía para turistas con preciosas imaxes.

OS MAIOS

O día 24 de maio celebramos os Maios en Viveiro. En colaboración cos centros educativos EEI San Roque, CEIP Landro, CEP Lois Tobío e noso colexio reunímonos na Praza Maior de Viveiro onde cantamos aos Maios. Todos iamos disfrazados con roupa de flores e sombreiros adornados con motivos florais.
Contamos coa colaboración coa Asociación Campo de Urraca de Viveiro, que celebran tradicionalmente os Maios en Viveiro.
Despois de cantar aos Maios percorrimos o pobo cantando e bailando.
 Para rematar o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro agasallou a todos os participantes cun bocadillo e auga.

Previamente no colexio os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º participaron nun obradoiro para elaborar o Maio que impartiron algúns integrantes da Asociación Campo de Urraca.
ensinando a elaborar o Maio