COVID-19

30/11/19

PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DA SEMANA STEM

O alumnado de 5º de primaria que participou na SEMANA STEM, fixeron unha presentación das actividades que levaron a cabo durante a súa estancia nos Peares. Presentaron os catro obradoiros:
 -PEGADA ECOLÓXICA
-MICRO-BITS
 -ROBÓTICA
-MAKEYMAKEY
Os compañeiros do cole dende primeiro ata 6º presenciaron con moito interese as explicacións dos nenos e nenas. Ademais realizaron un experimento en directo da contaminación das fábricas versus a contaminación dos seres vivos. BRAVO CHICOS/AS!












29/11/19

25 DE NOVEMBRO- DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar esta data pintamos as uñas de cores todo o alumnado e profesorado. Os nenos e nenas pintaron as uñas uns a outros ou, no caso dos máis pequenos, os mestres/as.
Baseámonos no libro "Que vivan las uñas de colores" de Luis Amavisca e Alicia Acosta, que limos polas clases.
Con esta actividade queremos concienciar aos nenos e nenas da aceptación dos outros, a diversidade de gustos, eliminar os estereotipios de xénero, a liberdade, tomar conciencia da propia identidade e a diferencia.


20/11/19

LIBROS SOBRE INCLUSIÓN NA ENTRADA DO COLE

Na entrada do colexio temos un espazo para a igualdade, a tolerancia, a inclusión... titulada SEN PREXUIZOS.
Nese cartel están expostos libros sobre a inclusión que podemos atopar na biblioteca do centro.


17/11/19

O CEIP PLURILINGÜE DE COVAS PARTICIPA EN "MARES DE CULTURA"

http://maresdecultura.es/caderno-de-bitacora/

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, volve un ano máis a promover a campaña escolar “MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR”

QUE É MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR?

A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” é unha campaña escolar de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, presentada a través dun completo programa de actividades.
O principal obxectivo é achegar as novas xeracións, escolares de primaria e secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal.  Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.
Nesta quinta edición 2019, a campaña pretende ser un referente de divulgación, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes.

FORMACIÓN DE USUARIOS- INFANTIL 4 ANOS E 1º DE PRIMARIA



O Equipo de Colaborador@s da Biblioteca está a realizar actividades de Formación de usuarios para o alumnado de infantil.
Comezamos polos nenos e nenas de 4 anos que, na hora de ler, foron á biblioteca e os nenos e nenas de 6º ensiñáronlles as normas da biblioteca por medio do xogo das tarxetas. Despois empregaron o LIBROCALIZADOR e por último aprenderon a diferenciar os libros según a cor do gomet que levan no lombo.
Marta, levounos á biblioteca para facer actividades de busca de libros, emprego do librocalizador...


VISITA DE CACHARELA

Tivemos a visita de Héctor e Rodrigo da Asociación de Gaitas Cacharela de Covas. Héctor foi alumno do centro e viñeron amosarnos os instrumentos tradicionais que enseñan na Asociación.
Os nenos e nenas aprenderon unha morea de cousas acerca das cunchas, pandeireta, tamboril, bombo e a gaita.
Rodrigo fíxolles unha descrición de cada instrumento e ao final tocaron unha peza de música tradicional acompañados polo noso alumno de 6º de primaria, Anxo, e por todo o alumnado do colexio.

14/11/19

FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA - RULETA DE PALABRAS


Es capaz de resolver esta ruleta de palabras sobre a biblioteca e libros?
Tes 5 minutos... Anímate!

12/11/19

MAGOSTO E XOGOS POPULARES

O día 11 celebramos o Magosto e máis o Día do peón.
A semana anterior realizamos obradoiros nos que os nosos alumnos prepararon, con material de refugallo, os recipientes para as castañas.
Como todos os anos, os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas  que nos asaron na panadería e Covas, agás unhas poucas que asou Leti nun bombo, de xeito tradicional.
Os alumnos e alumnas de 6º axudaron á hora de repartir e  pelar as castañas aos máis pequenos e, como non, exerceron de monitores nos xogos populares.Xogamos á corda, goma, chapas, zancos, rá, chave, peón, mariola, guiar o aro e pescamos castañas.
Tamén disfrutamos dunha exhibición de auténticos especialistas co peón e dunha exposición de peóns decorados.



3/11/19

OS NENOS E NENAS DE 5º DE E.P. NA SEMANA STEM


16 nenos e nenas de 5º de primaria participaron na semana STEM (CIENCIA, TECNOLOXÍA, INXENIERÍA E MATEMÁTICAS) que tivo lugar en Os Peares (Ourense).
"O obxectivo é ampliar os coñecementos científico-tecnolóxicos a través de estadías dunha semana de duración en réxime de internado durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano".
A Semana STEM forma parte do conxunto de accións da Estratexia para a educación dixital (Edudixital 2020) da Xunta. "O obxectivo é fomentar o espírito científico e tecnolóxico entre o alumnado galego, coñecementos necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro".
Os alumnos/as aprenderon robótica, programación, ciencia, ecoloxía, efecto invernadoiro... ademais de disfrutar dun entorno fascinante e das termas de Outariz en Ourense.
Ademais das experiencias vividas con compañeiros doutros colexios, do traballo cooperativo e dos novos amigos/as.









2/11/19

HALLOWEEN

Para celebrar Halloween decidimos habilitar unha "Habitación Terrorífica" con probas de habilidade para desenmeigar aos nenos/as e profesorado do colexio.
As diferentes probas consistían en: pasar polo túnel do terror, atopar cabazas, lanzar cabazas, atopar bechos, poñer os nomes das partes do corpo ao esqueleto, bailar o baile de Halloween e, con todos os ingredientes facer a pócema para desenfeitizar ao cole. Despois tiñan que ir a un cofre do tesouro onde os esperaba... a cabeza de Daniel, o auxiliar de conversa.
Todo moi tétrico que disfrutaron os nenos e nenas en equipos verticais e como monitores actuou o alumnado de 6º curso de primaria.







SAMAÍN-HALLOWEEN


samain19

Celebramos o Samaín-Halloween cunha exposición de cabazas que trouxeron decoradas os nenos e nenas do colexio.
Estas cabazas serviron para decorar os corredores e a entrada do colexio o día de Samaín-Halloween para recibir ao alumnado. Previamente en cada unha púxose unha candea ou vela para facer o recibimento máis "tétrico".