COVID-19

20/12/19

LECTURAS E XOGOS RECOMENDADOS PARA AGASALLAR NO NADAL


Enviamos a todas as familias un tríptico coas lecturas por idades e temas, CDs, xogos e lecturas para familias, recomendadas pola biblioteca do colexio. Dende o CEIP Plurilingüe de Covas desexamos a toda a comunidade educativa... BOAS FESTAS!









18/12/19

O APALPADOR

O último día de cole antes das vacacións de Nadal tivemos a visita de residentes de DOMUSVI que viñeron contarnos  e dramatizar o libro ANTÓN E O APALPADOR. Os nenos e nenas estiveron moi atentos á historia que foi dramatizada con bonecos e recitada polos avós e avoas de DOMUSVI e interactuaron durante a narración.
Máis tarde, os nenos e nenas saudaron aos maiores que estaban encantados.












17/12/19

MERCADILLO SOLIDARIO EN DOMUSVI- BANCO DE ALIMENTOS- ASOCIACIÓN CONTRA O CANCRO

Os alumnos/as de 6º de primaria foron de visita ao MERCADILLO SOLIDARIO na Residencia de Maiores DOMUSVI.
Xa fai varios anos que o colexio colabora con esta entidade. Os nenos e nenas do centro realizan diferentes traballos de plástica que logo venderán no mercadillo para recaudar fondos para a CRUZ VERMELLA.
Tamén colaboran outros centros e asociacións da zona e pode ser visitado polo público en xeral.

Os traballos do colexio foron moi variados e creativos e damos as gracias a todos os nenos e nenas que colaboraron de xeito desinteresado aportando o seu gran de area.

Despois da visita a DOMUSVI foron a un supermercado da zona e mercaron produtos para o BANCO DE ALIMENTOS. O diñeiro que recaudaron para ditos alimentos foi doado polos nenos e nenas da súa paga.

Cos cartos que sobraron fixeron unha doazón para a ASOCIACIÓN CONTRA O CANCRO nunha tenda da zona.











11/12/19

O PAÍS DOS MANDÓNS ( Teatro Ghazafelhos)

      O País dos Mandóns foi a obra de teatro escollida polas ANPAS dos colexios de Celeiro, Landro e Covas para seguir afondando no tema da igualdade.
Fumos todo o cole e pasámolo  xenial
Añadir leyenda

3/12/19

FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA- INFANTIL 5 ANOS

Seguimos coas actividades de FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA.
Esta vez tocoulles aos nenos e nenas de Infantil 5 anos. Un grupo de alumnos/as de 6º  do Equipo de  Colaborador@s da Biblioteca realizaron unha serie de actividades:
-Con tarxetas (vermella e verde) os nenos e nenas levantaban a tarxeta segundo a pregunta fora correcta ou incorrecta. Ademais os nenos/as explicaban o motivo polo que era ou non correcta.
-O emprego do LIBROCALIZADOR.
-As diferentes zonas da biblioteca: tiñan que dicir que libros eran os axeitados para eles segundo o gomet que levaban no lombo.
Como o fixeron tan ben, foron agasallados cun MARCAPÁXINAS para a Hora de ler.

 













30/11/19

PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DA SEMANA STEM

O alumnado de 5º de primaria que participou na SEMANA STEM, fixeron unha presentación das actividades que levaron a cabo durante a súa estancia nos Peares. Presentaron os catro obradoiros:
 -PEGADA ECOLÓXICA
-MICRO-BITS
 -ROBÓTICA
-MAKEYMAKEY
Os compañeiros do cole dende primeiro ata 6º presenciaron con moito interese as explicacións dos nenos e nenas. Ademais realizaron un experimento en directo da contaminación das fábricas versus a contaminación dos seres vivos. BRAVO CHICOS/AS!












29/11/19

25 DE NOVEMBRO- DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar esta data pintamos as uñas de cores todo o alumnado e profesorado. Os nenos e nenas pintaron as uñas uns a outros ou, no caso dos máis pequenos, os mestres/as.
Baseámonos no libro "Que vivan las uñas de colores" de Luis Amavisca e Alicia Acosta, que limos polas clases.
Con esta actividade queremos concienciar aos nenos e nenas da aceptación dos outros, a diversidade de gustos, eliminar os estereotipios de xénero, a liberdade, tomar conciencia da propia identidade e a diferencia.


20/11/19

LIBROS SOBRE INCLUSIÓN NA ENTRADA DO COLE

Na entrada do colexio temos un espazo para a igualdade, a tolerancia, a inclusión... titulada SEN PREXUIZOS.
Nese cartel están expostos libros sobre a inclusión que podemos atopar na biblioteca do centro.


17/11/19

O CEIP PLURILINGÜE DE COVAS PARTICIPA EN "MARES DE CULTURA"

http://maresdecultura.es/caderno-de-bitacora/

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, volve un ano máis a promover a campaña escolar “MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR”

QUE É MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR?

A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” é unha campaña escolar de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, presentada a través dun completo programa de actividades.
O principal obxectivo é achegar as novas xeracións, escolares de primaria e secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal.  Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.
Nesta quinta edición 2019, a campaña pretende ser un referente de divulgación, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes.

FORMACIÓN DE USUARIOS- INFANTIL 4 ANOS E 1º DE PRIMARIA



O Equipo de Colaborador@s da Biblioteca está a realizar actividades de Formación de usuarios para o alumnado de infantil.
Comezamos polos nenos e nenas de 4 anos que, na hora de ler, foron á biblioteca e os nenos e nenas de 6º ensiñáronlles as normas da biblioteca por medio do xogo das tarxetas. Despois empregaron o LIBROCALIZADOR e por último aprenderon a diferenciar os libros según a cor do gomet que levan no lombo.
Marta, levounos á biblioteca para facer actividades de busca de libros, emprego do librocalizador...


VISITA DE CACHARELA

Tivemos a visita de Héctor e Rodrigo da Asociación de Gaitas Cacharela de Covas. Héctor foi alumno do centro e viñeron amosarnos os instrumentos tradicionais que enseñan na Asociación.
Os nenos e nenas aprenderon unha morea de cousas acerca das cunchas, pandeireta, tamboril, bombo e a gaita.
Rodrigo fíxolles unha descrición de cada instrumento e ao final tocaron unha peza de música tradicional acompañados polo noso alumno de 6º de primaria, Anxo, e por todo o alumnado do colexio.

14/11/19

FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA - RULETA DE PALABRAS


Es capaz de resolver esta ruleta de palabras sobre a biblioteca e libros?
Tes 5 minutos... Anímate!

12/11/19

MAGOSTO E XOGOS POPULARES

O día 11 celebramos o Magosto e máis o Día do peón.
A semana anterior realizamos obradoiros nos que os nosos alumnos prepararon, con material de refugallo, os recipientes para as castañas.
Como todos os anos, os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas  que nos asaron na panadería e Covas, agás unhas poucas que asou Leti nun bombo, de xeito tradicional.
Os alumnos e alumnas de 6º axudaron á hora de repartir e  pelar as castañas aos máis pequenos e, como non, exerceron de monitores nos xogos populares.Xogamos á corda, goma, chapas, zancos, rá, chave, peón, mariola, guiar o aro e pescamos castañas.
Tamén disfrutamos dunha exhibición de auténticos especialistas co peón e dunha exposición de peóns decorados.



3/11/19

OS NENOS E NENAS DE 5º DE E.P. NA SEMANA STEM


16 nenos e nenas de 5º de primaria participaron na semana STEM (CIENCIA, TECNOLOXÍA, INXENIERÍA E MATEMÁTICAS) que tivo lugar en Os Peares (Ourense).
"O obxectivo é ampliar os coñecementos científico-tecnolóxicos a través de estadías dunha semana de duración en réxime de internado durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano".
A Semana STEM forma parte do conxunto de accións da Estratexia para a educación dixital (Edudixital 2020) da Xunta. "O obxectivo é fomentar o espírito científico e tecnolóxico entre o alumnado galego, coñecementos necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro".
Os alumnos/as aprenderon robótica, programación, ciencia, ecoloxía, efecto invernadoiro... ademais de disfrutar dun entorno fascinante e das termas de Outariz en Ourense.
Ademais das experiencias vividas con compañeiros doutros colexios, do traballo cooperativo e dos novos amigos/as.