COVID-19

31/3/20

2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL E DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

O 2 de abril temos dúas celebracións, por unha parte conmemoramos o DÍA DO LIBRO INFANTIL e tamén o DIA MUNDIALDO AUTISMO.
Dende este blog queremos mesturar estos dous eventos e propoñervos a lectura de libros que falen sobre o TEA (Trastorno do Espectro Autista).

No seguinte enlace tedes libros sobre esta temática.


http://bibliotecainfantil.fundaciononce.es/gl/home.html


  Ademais este ano leva o lema "PODO APRENDER. PODO TRABALLAR". E coas fotos que fixestes sobre o que queredes ser no futuro imos publicar un video... anímate e participa!


 EL VIAJE DE MARÍA  é un precioso libro sobre unha nena con TEA, escrito polo seu pai Miguel Gallardo, debuxante de comics.
Lede o que escribe o pai sobre María e mirade a curtametraxe.


Cuando María está con nosotros, hace del mundo un sitio mejor, cuenta Miguel Gallardo en El viaje de María, una pequeña excursión al mundo interior de una adolescente con autismo, un viaje lleno de color, amor, creatividad y originalidad, que nace en el recorrido de unos padres que ven cómo su hija se comporta de una manera especial hasta confirmar el diagnóstico: autismo. La idea, comenta Miguel Gallardo, era intentar meterme en el mundo de María e intentar comprender y visualizar las cosas que perturban a María de nuestro mundo, las cosas que le gustan, las que le hacen sonreir y un pequeño trozito de su planeta tal como yo lo imagino, de una manera fluida, divertida y comprensible incluso para el público que no conoce este trastorno.
El cortometraje, como dice su propio autor, no es una obra sobre el autismo, es sobre el cariño, sobre la relación entre un padre y una hija que, por encima de las dificultades de la comunicación, se transmiten alto y claro su mensaje de amor

EL VIAJE DE MARÍA




30/3/20

TOD@S CONTAN-DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL NO CONCELLO DE VIVEIRO



📚 O CONCELLO DE VIVEIRO PON EN MARCHA A INICIATIVA ‘TOD@S CONTAN’ PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
 O Concello de Viveiro pon en marcha desde mañá e ata o domingo a iniciativa ‘Tod@s Contan’ para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Mañá, 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e con motivo desta efeméride o Concello de Viveiro impulsa a iniciativa, mediante a que quere convidar a todas as persoas de 0 a 100 anos para que envíen fotografías ou pequenos vídeos, por exemplo unha foto da portada do libro favorito, un vídeo lendo, etcétera.

 O material recibido será publicado na Programación Cultural do Concello de Viveiro e o obxectivo é encher esta rede cunha gran cantidade de fotos e vídeos sobre libros infantís e xuvenís.

A iniciativa servirá para coñecer os gustos da veciñanza e, ao mesmo tempo, que as súas preferencias sirvan de inspiración para outros lectores, creando un gran mural da literatura infantil e xuvenil.
 Esta iniciativa abrangue todas as idades, por que hai nenos e nenas que non saben ler pero teñen, tamén, os seus libros favoritos (libros sen texto ou específicos para bebés, libros que lles len os adultos, etcétera).

Todas aquelas persoas que queiran participar nesta iniciativa poden enviar as súas fotografías e vídeos por correo electrónico (lamarca21@gmail.com) ou por whatsapp (697 322689).

27/3/20

HOXE TÓCANOS A NÓS

Este é o video que crearon os nenos e nenas de 6º de primaria. Non pode ser máis emotivo!
Querémosvos! Botámosvos de menos!
Todo vai saír ben!

video6 from MisisRoller on Vimeo.

26/3/20

CONCURSO DE MASCOTA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VIVEIRO

A Biblioteca Municipal de Viveiro convoca un concurso para elexir a mascota da biblioteca.

1-O concurso vai dirixido aos nenos de primaria (6 a 12 anos) dos colexios do concello.

2-O debuxo debe ser orixinal e que non se presentara a ningún outro concurso.
Realizarase nun folio DIN-4,  na técnica que queira, pero sempre que poida reproducirse. Os debuxos non se realizarán con ordenador.

3-O tema da mascota serán a lectura, os libros e a biblioteca.

4- Os debuxos enviaranse ao correo electrónico da Biblioteca de Viveiro: biblioteca.viveiro@viveiro.es

5-Nese correo deben figurar os seguintes datos do participante:
  • Nome e apelidos
  • Idade
  • Enderezo
  • Teléfono
  • Nome do seu centro de ensino
6-Só poderá presentarse un debuxo por participante.

7- O prazo remata o 13 de abril de 2020.

8- Estas bases publicaranse na web do concello e no tablón de anuncios da sede electrónica do concello.

9-Valorarase a orixinalidade e a calidade dos debuxos.

10-Establécese un único premio dun lote de libros para o debuxo que resulte gañador, que será entregado en acto público.







25/3/20

TODO VAI SAÍR BEN

Aroha

Roque

Teo


Mauro



Brianna
Gemma
Jairo
Martina
Roi
Vera
Teo
Sofía
Sara
Ventana de Sara
Sabela
Sabela
Rober
Nico
María e Xacobo
Lucía e Saúl
Lucía
Lucas
Lola
Lidia
Leire
Leda
Karla
Julia Guimarey
Julia
José
Jairo
Jaime
Irene
Iker
Icía
Ian e Ibai
Hugo
Eva
Emma
Emily
Elena
Eduardo e Julia
Diego
Derek e Romina
Daniel
Carla e Xoel
Ayelén
Aroa
Anna Paula


 
Adriana e Roque
Martín



Nerea e Brais

 
Naiara

Alex

Daniel e Martiño