COVID-19

31/3/21

DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE E DA AUGA

 Celebramos o Día da Poesía, da Árbore e da Auga coa visita de Jaime Oroza.

Jaime vive en San Pedro (Viveiro), ex profesor de inglés, escritor, poeta e fotógrafo achegounos coas súas fotos ás marabillas do Souto da Retorta, o Penedo do Galo, o Castelo, San Roque, a Silvarosa... 

Ademais amosounos  impresionantes imaxes da natureza con cabalos, bolboretas, paxaros, cascadas, árbores autóctonos...

Non faltaron as fotos dende o mar coas vistas ao Fuciño do Porco, praias de Sacido, Seiramar, a Illa da Gabeira... natureza en estado puro!

Todo esto regado pola música de acordeón do seu amigo Simón.

Escoitamos como recitaba os seus versos que teñen a  estrutura dos Haikus.

A poesía de Jaime está ligada á natureza falándolle ao vento, aos paxaros... "Zoa o vento", " O canto do malvís"...

 Os nenos e nenas de 5º e 6º disfrutaron con esta visita chea de poesía, natureza e música!

23/3/21

HOXE TÓCANOS LER... LEOPOLDO, O PEQUENO MONSTRO

 Os nenos e nenas de 4º de primaria van contarnos a historia de Leopoldo, un monstro moi pequeno. Pero aínda sendo tan pequeno pode facer moitísimas cousas.

Como este ano non podemos ir ás aulas do alumnado de infantil, compartimos este video cos nosos compañeiros máis pequenos do cole e cos amig@s de infantil da EEI San Roque dentro da actividade intercentros T-LEMOS.

Non deixedes de ver o video!

 

Os nenos e nenas da EEI San Roque fixeron estes bonitos debuxos do conto de Leopoldo!

9/3/21

TEMOS MOITO QUE CHUFAR ÁS NOSAS MULLERES


Celebramos o #8M!
Aquí tedes o video feito cos traballos do alumnado do cole nos que "chufan" (eloxian) ás mulleres da súa familia. 
 Todos os nenos e nenas adicaron preciosas palabras nunha pequena homenaxe a esas mulleres tan especiais e importantes nas súas vidas.

 

1/3/21

DÍA DA MULLER TRABALLADORA- ACTIVIDADE DAS FAMILIAS

 TEMOS MOITO QUE CHUFAR ÁS NOSAS MULLERES

Esta vez tócanos a nós o cometido de CHUFAR ás mulleres da nosa familia. Escribímoslles cousas bonitas á nosa nai, avoa, bisavoa, tía, madriña... por que elas valen moito.

Sempre nos chufaron a nós (Que guap@ é o meu net@! É o máis estudios@!...)e imos facerlles unha homenaxe con eloxios para elas.


Ademais temos na biblioteca unha exposición de libros escritos/ilustrados por mulleres.