COVID-19

20/5/21

MICRORREDE DA MARIÑA (PROXECTO "AS RECEITAS DE LOLO")

O CEIP Plurilingüe de Covas traballou durante todo o curso no PDI  "Coidamos de nós e do noso planeta. Hábitos de vida saudable e sostible" co obxectivo de fomentar no alumnado e en toda a comunidade educativa un estilo de vida saudable e o coidado do medio ambiente.

Para a Microrrede quixemos que fora Lolo, a mascota da biblioteca, o encargado de pedir a colaboración das familias do centro para elaborar un LIBRO DE RECEITAS DE LOLO en formato físico, que quedará na biblioteca do centro.

Ademais as familias enviaron vídeos curtos elaborando as receitas coa axuda dos nenos e nenas.

 

PREME NA IMAXE DE LOLO PARA VER O VíDEO 

 

 PREME NA IMAXE E VERÁS O VÍDEO DO LIBRO DE RECEITAS

 Neste proxecto multidisciplinar implementamos actividades de coidado do corpo a través da Educación física tanto no cole como na casa; e a alimentación (centrámonos sobre todo na comida dos recreos). Parte do profesorado asistimos a un PFPP sobre "Hábitos saudables" recollendo moita información sobre a alimentación saudable, sostible,  a loita contra o cambio climático e implementala no centro (este ano é o Ano Internacional das Froitas e Verduras).

En Educación Física traballouse no proxecto nacional "El camino de piEFcitos" con actividades sobre a importancia do exercicio físico. 

 

 PREME NA IMAXE PARA IR AO BLOG

Para as Letra Galegas traballamos os PRATOS TÍPICOS de diferentes zonas de Galicia. Cada aula investigou sobre unha receita popular elaborando unha recreación plástica con ela.

A mesa quedou así de apetitosa...

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

En resumen conxuntamos o fomento dun estilo de vida saudable coa actividade física, a alimentación saudable e sostible reducindo o impacto medioambiental.


 

16/5/21

DÍA DAS LETRAS GALEGAS- XORNAL ESCOLAR "O CHARLATÁN DE COVAS"

Con motivo das Letras Galegas publicamos o xornal escolar "O Charlatán de Covas" homenaxeando a Xela Arias, cuxa foto aparece na contraportada do xornal.
A portada está ilustrada cun debuxo sobre o PDI que levamos a cabo no centro este ano sobre o Coidado de nós e do noso planeta.


13/5/21

LETRAS GALEGAS 2021

 

     A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.



     Este ano a homenaxeada é:

                                                                                            XELA ARIAS

 


      Se queredes xogar un pouco e de paso coñecela, aquí tedes uns recursos e actividades moi interesantes:

                                               


 SEMINARIO GALÉN:

 
   Preme na imaxe e atoparás  actividades en liña, traballos para imprimir, fotos, biografía,...


                            




PRIMAVERA DAS LETRAS

        A  Real Academia Galega ofrece material lúdico e  didáctico.

       Actividades interactivas, fichas descargables para xogar e aprender, ...
 
Preme na imaxe e as descubrirás


                          
       

   E non podía faltar  MÚSICA

              O novo disco de

 

                                A Banda da Loba 

                                                  

                                      Hasme oír

 

 é unha homenaxe á poesía de Xela Arias con temas baseados en cada un dos poemarios que a protagonista do Día das Letras Galegas publicou en vida.

Preme para escoitar