COVID-19

27/1/22

Rematamos as "Lecturas para a Paz e a non violencia"

Rematamos as Lecturas para a Paz e a non violencia programadas na Bibliocovas dentro da semana dedicada a Lectura e familias!!!!!

Os contos representados nesta ocasión foron "O paraugas de cebra", por Xulio, Iago e a súa nai Lara e "Bágoas debaixo da cama", por Jairo e a súa nai Fátima 👏👏👏👏👏👏

Que ben o pasamos!!! Encantounos!!!!!😍😍😍😍😍😍😍




Agardamos inqued@s pola próxima edición de Lectura e Familias. A experiencia foi marabillosa!!!

Infinitas grazas familias por ser tan especiais 😘😘😘😘😘😘😘



      

26/1/22

Lectura e familias, "Lecturas para a Paz e a non violencia", segunda sesión!!!

Onte tivemos a segunda sesión de "Lecturas para a Paz  a non violencia" dentro do programa Lectura e familias 😍😍😍😍😍😍

Como no s gusta este programa despois de tanto tempo sin poder disfrutar de todos os ,membros da comunidade educativa. Botábamolos de menos!!!!

Deixámosvos con Teo e a súa nai Alba contándonos "O Acuario" e con María, Xacobo e Familia con "A cousa que máis doe no  mundo".

Bravo por estas Familias Lectoras!!!!!!!! 👏👏👏👏👏👏👏




Lembrade que hoxe é a última sesión das "Lecturas para a Paz e a non violencia". Si queres vir reserva xa a túa localidade. 😃😃😃😃



       


25/1/22

Lectura e Familias: Edu, Jaime e Familia!!!

Por fin chegou o día e inauguramos o programa Lectura e Familias na Bibliocovas 👋👋👋👋👋👋👋👋

Tiñamos unha ilusión enorme posta nesta experiencia e estamos encantados có resultado 😍😍😍😍

Como sabedes, a temática deste mes é "Lecturas para a paz e a non violencia" e Edu, Jaime e a súa familia viñeron a contarnos "A boneca de Lucas". Aquí vos deixamos o vídeo para que poidades disfrutar desta marabillosa historia @s que non puidéchedes asistir.

Infinitas grazas familia, sodes xeniais 😘😘😘😘

 


Aínda estades a tempo para reservar a vosa localidade para os contos de hoxe e mañá. Esperámosvos!!!!!

Ahhh!!!!, non nos esquecemos das ovelliñas que non puideron estar onte con nós. Contamos con vós para a próxima 😉



       


20/1/22

Arrinca Lectura e Familias na Bibliocovas!!!!

A vindeira semana celebraremos o primeiro Lectura e Familias da Bibliocovas con "Lecturas para a Paz e a non violencia".

Comprácenos anunciarvos a primeiras familias lectoras que van a participar neste gran programa de Bibliotecas Escolares de Galicia. Temos un montón de solicitudes para participar así que imos ter un curso do máis divertido!!!!!

Para asistir como público debedes chamar ao cole a partir do luns para facer a reserva. Xa sabedes que temos que respectar os protocolos vixentes e debemos disfrutar desta oportunidade con seguridade 😊😊😊

Esperámosvos 😍😍😍😍😍

Aquí tedes o noso cartel ...

 


 



       


13/1/22

Proxecto Lectura e Familias da Biblicovas!!!!

 Podedes consultar aquí o noso proxecto íntegro e descargar o formulario de inscrición:

Preme na imaxe para consultar o proxecto...


Preme na imaxe para descargar o formulario de inscrición... 




12/1/22

MESAS DE LUZ!!!!

Os nenos e nenas de infantil empregan as mesas de luz do espazo maker da Bibliocovas semanalmente.

As actividades sensoriais están sempre presentes nos proxectos que desenrolan cada curso.

Encántalles vir á Biblio de Lolo a traballar!!!!! 😍😍😍😍😍😍