Bravo chic@s!!!!!
COVID-19
25/11/22
25N Día Internacional da eliminación da Violencia de Xénero
24/11/22
Esculturas Picassianas!!!!
O alumnado de Educación Infantil estivo traballando no Recanto de Arte "Esculturas Picassianas" que elaboraron e colorearon con tizas de cores.
15/11/22
Actividades sensoriais de outono!!!!
Bo día:
Coa chegada do outono observamos como a nosa paisaxe vai trocando. As follas das árbores caen e é o momento axeitado para pasar un ratiño no patio recolectando diferentes follas
A través da observación e exploración, nenos e nenas, aprenden sobre cómo vai cambiando a estación e a paisaxe e sobre todo, coñecer os diferentes tipos de follas e as súas partes.
Nesta actividade o alumnado debuxou unha folla moi bonita en papel de forno, ideal para debuxar na mesa de luz e calcar.
14/11/22
No San Martiño .... MAGOSTO!!!!!!!
O pasado venres 11. Día de San Martiño, celebramos o Magosto no cole. Ademais de comer castañas bailamos e fixemos xogos tradicionais. Tivemos a sorte de que o tempo nos acompañar.
Aquí deixamos algunha testemuña de canto disfrutamos!!!!!
9/11/22
Mes da Ciencia, Contexto Humanístico 3º e 4º
No contexto Humanístico do segundo ciclo están a traballar o sistema solar a través dunha aplicación 4D que permite escanear tarxetas espaciais e ser testemuña de como o espazo cobra vida ante os seus ollos😍😍😍😍😍😍
ATENCIÓN!!!!!!
8/11/22
Novembro, mes da Ciencia. Infantil
O mes de novembro é o MEs da Ciencia. En educación Infantil quixéronno celebrar realizando experimentos con materiais sensoriais (plumas, figuras traslúcidas, follas, ...) nas mesas de luz da zona maker!!!!!
Pero tamén tiveron tempo para a ROBÓTICA!!!! Como nos gusta traballar cós Beebots 😍😍😍😍😍😍