COVID-19

28/12/22

Mercado de Emocións!!!!

Para despedir o ano e dentro dos dictámenes da educación emocional do PDI "Covasmola 2.0" celebramos un Mercado de emocións có lema "Unha viaxe emocionante".



Para este día acordamos que cada aula trouxera o xersei/camiseta dunha cor asociado a unha emoción que representamos cun emoji que todo o alumnado levaba nunha banda da mesma cor na cabeza. 

  • 3 anos foi de amarelo representando a ledicia.
  • 4 anos de lila representando o enfado.
  • 5 anos de blanco representando a vergoña.
  • 1º de negro representando o medo.
  • 2º de  vermello representando o amor.
  • 3º de laranxa representando a sorpresa.
  • 4º de verde representando a calma.
  • 5º de azul representando a tristeza.
  • 6º de rosa representando a empatía.
         

                                             

Durante as tres semanas anteriores á celebración do mercado fumos selando un pasaporte que nos daría acceso ao mercado. Para obter os selos debíamos cumprir as merendas saudables, levalas en recipientes reutilizables e algunha probiña de mobilidade.







Ao chegar ao mercado debíamos ensinar o pasaporte correctamente selado para acceder aos postos.



Pasado o trámite aduanero chegamos ao posto do Pasapalabra. Superamos as preguntas e acadamos uns adornos de Nadal para a árbore feitos polos nenos e nenas do cole.



Despois pasamos polas dianas. Si atinabas acadabas unha pelota antiestres con cariñas de diferentes emocións.







Xa sabemos que no Nadal o mellor agasallo é un libro así que recollimos o noso agasallo empaquetado por outr@ nen@ do cole cunha mensaxe personalizada para cada un de nós.





A continuación dividímonos en tres grupos e fumos rotando entre a Gymkana, o Túnel de Maquillaxe e a sesión fotográfica para elaborar o Catálogo de Xoguetes libre de diferenzas de xénero.

















Tamén traballamos a prevención do acoso escolar coa actividade "Curta o Bullying" na que visualizamos curtametraxes para atallar a problemática.




Grazas á ANPA tivemos a presenza dos Reis Magos que recolleron as nosas cartas e atenderon aos nosos desexos.













E como rematamos o Mercado de Emocións?
Pois cantando e bailando!!!!! E cunha enorme sorpresa.... PAPA NOEL!!!!