COVID-19

31/3/23

Carreira Enki

A Carreira Enki nace en 2014 como unha proba lúdica non competitiva que promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade

Hoxe celebramos a nosa Carreira Enki!!!!




 


       

29/3/23

Portabocatas!!!!!

O alumnado de 5º e 6º de Primaria, seguindo os dictames de Covasmola 2.0, elaboraron uns portabocatas coas retais dos difraces de Entroido no recanto creativo do Contexto científico.

Seguiron o deseño por uns patróns, cortaron e coseron a máquina. Incluso aproveitaron a primeira saída que fixeron có cole para usalo.

Quedaron chulísimos!!!!!!!

















22/3/23

Obradoiro ABN para Infantil. Lectura e Familias

Chegou a quenda de Infantil do Obradoiro de ABN dentro do Programa Lectura e Familias!!!!!!, 

O profesorado de Educación Infantil, xunto co resto de profesorado que incide no ciclo, organizaron esta actividade. A coordinadora de infantil, Raquel Trasancos Soto, impartiu na biblioteca unha formación dirixida aos pais e nais na que explicou en que consiste o método a través dunha variada mostra de actividades. 

Unha vez rematada, as familias desfrutaron ao carón dos seus fillo/as dun obradoiro matemático composto por cinco recantos con diferentes actividades.

Grazas de novo a todas as familias pola súa implicación!!!

Covasmola 2.0 😍😍😍😍😍