COVID-19

27/4/23

Última semana de Lecturas Artísticas (Lectura e familias)

Rematamos as Lecturas Artísticas dentro do programa Lectura e familias con máis familias molonas.

Carmen e a súa nai vestíronse para a ocasión e puidemos disfrutar de "Superheroes da escola".




Martiño e Dani, xunto a seu pai e súa nai preparáronos "A mellor sopa do mundo".




Joel, Mateo e a súa nai trouxéronos unha "Mochila invisible" e os "Mellores amigos"




Sabela, Roque, a súa nai e o seu pai pecharon con "Contín contón" e "Oito patas".





 


23/4/23

23 de abril, Día do libro

A que sabe a lúa?

Hoxe é o día no que conmemoramos a maxia que nos transmiten os libros, a oportunidade que nos dan de soñar, de ser outras persoas e, ..., Por que non?, de chegar ata a Lúa!!!!!

Infinitas grazas ás profes Eva e Ruth e aos seus nen@s por agasallarnos con esta representación tan marabillosa!!!!

Vivan os libros!!!!!




21/4/23

Mes do libro; Segunda e terceira sesión de Lecturas Artísticas (Lectura e Familias)

Seguimos coas Lecturas Artísticas!!! 

Nesta ocasión foi a quenda de Candela e a súa mamá con "Corre corre cabaciña"





A familia de Xián tiña unha sorpresa enorme: Encheu un conto de lobos de música!!!!!!




A familia de Jaime e Edu fíxeron un teatro de títeres con "Ñac, ñac"




Bravo por todas estas familias molonas!!!!😍😍😍😍😍😍

 


20/4/23

Lectura e Familias coa actriz María Torres

Celebramos outra convocatoria de Lectura e Familias coa actriz María Torres e o obradoiro "A narración desde o teatro de movemento".

Estivo dirixido ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e as suas familias. Mergullámonos na narración a través da perspectiva do teatro físico.

Fixemos tres sesións diferentes repartidas en dous días.

Foi espectacular!!!!

Pasámolo en grande!!!!!


















 






Mes do libro; Lecturas artísticas dentro de Lectura e Familias

Onte iniciamos a convocatoria de Lecturas Artísticas creadas no Programa Lectura e Familias,  para celebrar o mes do libro.

A actividade consiste en contar un conto apoiado de calquera produción artística e a acollida foi estupenda.

Inauguramolo con Alba, a mamá de Teo, e o conto "A fábrica de etiquetas". 









Na quenda de Infantil disfrutaron de "Bo camiño Valentiño" con Alba e a súa mamá e "Sígueme" con Clara e a súa mamá.










Moitísimas grazas a estas Familias molonas!!!! 😍😍😍😍😍😍