Lolo quérevos deixar unhas pequenas suxestións para este verán!!!!
Feliz e merecido descanso 🥰🥰🥰🥰🥰
Vémonos no vindeiro curso na Bibliocovas 📝🥳📖🎧
#Covasmola 3.0
O alumnado do departamento de aorientación, xunto coas súas mestras, deseñaron e elaboraron unhas bolsas personalizadas para levar os traballiños para casa. Empregaron teas reutilizadas que sobraron dos disfraces de entroido e personalizáronas con vinilos empregando a cricut.
Pois este foi o resultado!!!!!!
Estamos emocionad@s!!!!!!!
No día de hoxe tiñamos programada facer a II ruta Divercovasmola en familia, dentro do programa Lectura e Familias, pero o tempo non nos acompañou así que fixemos unha adaptación da xornada á climatoloxía do día.
O obxectivo desta actividade é traballar a mobilidade en familia, un dos piares do noso PDI, así como poñer en valor a diversidade que conforma a nosa comunidade educativa.
Como os intres sen chover foron curtiños decidimos facer unha mini ruta por dentro do cole, primeiro andando e despois correndo. Para pechar a actividade botamos mans dunha das actividades que máis nos gusta neste cole: BAILAR. E fixémolo acompañad@s dalgunhas familias.
Pasámolo bárbaro 🥰🥰🥰🥰🥰🥰