COVID-19

28/11/23

25N, Día Internacional contra a Violencia de xénero

Onte celebramos o Día Internacional contra a Violencia de xénero no cole creando un punto lila no patio 😍😍😍😍😍

Que é un punto lila? 💜💜💜💜💜💜💜

Os puntos lilas son lugares de referencia para proporcionar información e axuda, en caso de violencia de xénero, que se instalan en festas, concertos e grandes eventos. É preciso que o noso alumnado sexa coñecedor da súa existencia e como empregalos.

Os colaboradores da biblioteca construíron o punto lila, fixeron chapas e ofreceron información a través duns dípticos sobre que é a violencia de xénero, como recoñecela e a onde dirixirse no caso de sufrila ou de coñecer un caso cercano.

Bravo por el@s!!!!! O punto funcionou de marabilla.



















Tamén seleccionamos lecturas para traballar a tolerancia e combatir esta lacra social.



Xunto co proxecto de Voz natura plantouse un Xardín das Lembranzas acompañado dun manifesto en recordo das que xa non están. Elaborouse un mural con "Curas para a violencia" no que o alumnado colocou unhas tiritas con valores e palabras que conseguen sanar a sociedade de violencias.







Proceso de elaboración do PUNTO LILA  dentro das actividades de Polos creativos




Proceso de elaboración das chapas por parte das colaboradoras da Bibliocovas!!!

 








27/11/23

Rapazada de 3 anos na Bibliocovas

Na visita semanal á biblioteca, os nenos e nenas de tres anos, disfrutaron coas construccións XXL. Seguramente que repetirán xa que lles gustou moito a experiencia.



                                                    

24/11/23

Mes da ciencia no contexto científico do 1º ciclo

Os rapaces e rapazas de primeiro e segundo estiveron aprendendo sobre o sistema sistema solar no Segundo plan do contexto científico. Na última sesión do plan, puideron repasar aspectos do mesmo a través da Realialidade Aumentada coas tablets de “polos creativos” onde, ademais de visualizar os planetas a través dun dispositivo tecnolóxico, coñeceron aspectos destes relacionados coas mitoloxías grega e romana.