Lolo quérevos deixar as súas "Recomendacións Lectoras" para este Nadal.
Non vos esquezades de incluír un libro nas vosas cartas!!!!! 😍😍😍😍😍😍
Lolo quérevos deixar as súas "Recomendacións Lectoras" para este Nadal.
Non vos esquezades de incluír un libro nas vosas cartas!!!!! 😍😍😍😍😍😍
Hoxe o cole Covasmola saiu cara o Belén xigante de Viveiro!!!!
Seguindo os mandados do noso PDI Covasmola 3.0 traballamos a mobilidade con esta andaina de 2 quilómetros para fomentar os desprazamentos sostibles e beneficiosos para a saúde.
No Belén xigante puidemos observar diferentes oficios artesáns, animais domésticos e exóticos, imaxes articuladas e algunha que outra sorpresa.
Hoxe tivemos a visita do Apalpador para os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Preparamos a carta e levámoslla cheos de ilusión.
Infinitas grazas aos usuarios e ao persoal da Residencia DOMUSVI por facelo posible, por achegarnos a historia e aventuras do Apalpador con tanto cariño.