COVID-19

30/1/24

Día da Paz 2024

Celebramos o Día da Paz uníndonos á proposta da Microrrede de Bibliotecas da Mariña pendurando unha bandeira branca dos mastros do noso cole. Nela estaba representada a mascota da Bibliocovas, o noso Lolo.




As familias puideron participar nun murar colaborativo de mensaxes de paz e inaugurouse un banco da amizade decorado coas pegadas do alumnado do cole.






No contexto linguístico o alumnado de primeiro ciclo está coñecendo a fondo a cultura exipcia. Por este motivo aproveitou a clase de plástica para fabricar papiros empregando café e escribir neles xeroglíficos relacionados coa paz.










29/1/24

Obradoiros de disfraces 2024

 TIC TAC TIC TAC

Cada vez falta menos para o tan desexado Entroido. No cole de Covas estamos traballando duro para ter todo listo para a festa do día 9 de febreiro.

E de que imos? Pois é sorpresa pero non perdades de ollo o noso PDI Covasmola 3.0 e os seus mandados, sempre son a nosa inspiración.

Deixámosvos que temos que seguir cosendo, cortando, deseñando e creando 😍😍😍😍😍
























Día Internacional da Educación con Vilma

Onte, o alumnado de 3º de Educación Primaria, tivo unha actividade do máis especial. Veu VILMA, unha cadela de ASPANANE que serviu como apoio educativo para a aprendizaxe da  Lingua de signos. Foi unha actividade marabillosa coa que celebramos o Día Internacional da Educación.










12/1/24

Un 2024 cheíño de agasallos

Comenzamos o ano e as aulas agardaban aos máis peques con sorpresas. Por aquí tamén pasaron uns personaxes máxicos que deixaron agasallos!!!!

E que é o que máis nos gusta? Xogar e compartir cós amigos e amigas. Mirade con que ilusión descubren os seus novos xogos de 4 anos.








Lembrade que a nosa PDI deste ano céntrase no xogo e despedimos o 2023 xogando!!!