COVID-19

31/5/24

Cantamos os Maios!!!!

Hoxe rematamos o mes revivindo unha tradición puramente viveirense, cantando os Maios engalanados como corresponde💐💐💐
Viveiro é un dos poucos lugares no que os maios non son representacións florais e de plantas, aquí os maio baila e os seus acompañantes cántanlle 🥰🥰🥰🥰
Así que ensaiamos as coplas no cole e salimos á rúa a celebralo con compañeir@s do resto dos coles de Viveiro.
Pasámolo en grande!!!!👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽






















21/5/24

A tope coa 3D!!!

Estamos rematando o curso e chegou o momento de ensinarvos o que fixemos durante o terceiro trimestre coa impresora 3D coa axuda do alumnado colaborador e destro do noso PDI "Covasmola 3.0" có xogo como base da aprendizaxe.

Para o contexto lingüístico do 3º ciclo imprimimos unhas tendas de campaña.



Para os do 2º ciclo unhas espiñas de sardiñas para celebrar a chegada do verán (polo San Xoán a Sardiña molla o pan) e o gato do scratch que tan
to nos gusta.








Uns insertables para o espazo maker



Medallas olímpicas para infantil


E uns dados para repoñer nos xogos da biblio que tanto se nos perden









17/5/24

Letras Galegas 2024

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o alumnado de 1º de Educación Primaria entrevistou a Xiana Naval. Ademais de ser exalumna deste colexio, acaba de converterse na actual presidenta do Colectivo Pensamento e Sementeira de Viveiro. Grazas a esta entrevista, o alumnado puido coñecer máis en profundidade o labor desta asociación que aposta pola cultura galega.
Preme no logo para escoitar o programa....



Polas Letras Galegas 2024 fixemos na nosa 3D uns mapas de Galicia conmemorando a data.



Tale bot