COVID-19

30/10/24

Celebramos o Samaín

 Hoxe celebramos o Samaín no cole de Covas!!!!

Da escolma dos libros de temática de medo e Samaín realizada polo equipo de biblio para a HORA DE LER, os nenos e nenas de quinto e sexto realizaron lecturas compartidas con diferentes soportes para o resto do alumnado. 

PASÁMOLO DE MEDOOOOOOOO!!!!!!!





























Para a ocasión fomos todos e toda de rigoroso loito e levamos flores ao cemiterio creado para a ocasión. Lembrade que as flores son moi importantes no noso proxecto polo que non podían faltar nesta ocasión. Foran feitas pola rapazada e as súas familias.









Incluso tivemos tempo de bailar os grandes éxitos do noso Samaín







29/10/24

O Samaín no contexto lingüístico

Adentrámonos na semana máis terrorífica do ano e no contexto lingüístico tivémolo moi en conta.

No primeiro ciclo tiveron "Unha extraña visita" e á Bruxa Brunilda como convidada de honra. Encheron un tarro de medos e crearon os seus propios monstros.









Tamén tiveron momento para os xogos de mesa sobre a festividade: Lince, Memory, Quen é quen e Tabú.






No segundo ciclo traballaron a lectura de "O noso Samaín" a través dunha lectura feita por antigos alumnos e alumnas do cole.
Preme na imaxe para escoitalo....



Tamén crearon unha tripulación terrorífica para un barco pantasma que acaba de chegar á praia de Covas e traballaron as criaturas fantásticas das lendas galegas.