COVID-19

4/12/24

3 de decembro, Día Internacional das persoas con diversidade funcional con ASPANANE

Onte conmemoramos o Día Internacional das persoas con diversidade funcional. Tivemos a grande sorte de facer un obradoiro de cerámica con ASPAPANE. O alumnado de sexto tivo a oportunidade de modelar pezas que empregaremos como decoración no salón Florece Covasmola para festexar o Nadal, dentro das actividades de centro do PDI.













Por outra banda, Badir, usuario de ASPANANE, e a Concelleira de Cultura do Concello de Viveiro  visitáronnoss e agasalláronos  uns libros sobre o Síndrome de Down para a Bibliocovas.










2/12/24

Rematamos Novembro, Mes da Ciencia

Rematamos o mes da Ciencia  escolma de todo o traballado no contexto cientifico para esta celebración.

Aproveitando que estivemos a traballar os seres vivos, e entre eles as plantas, fixemos os seguintes experimentos cos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. 

5º e 6º:

- Visualización de células vexetais a través da pel da cebola. Cada grupo fixo dúas mostras, unha a que lle engadían unha gota de auga, e a outra azul de metileno. No microscopio foron quen de ver como é un tecido vexetal, e distinguir aló menos 2 partes da célula vexetal (a parede celular e o núcleo) 




3º e 4º:

- Crearon un miniecosistema dentro dunha botella que pecharon e non poden volver a abrir, e que a día de hoxe, logo de pasar aproximadamente uns 20 días, os ecosistemas seguen con vida, pese as hipóteses pesimistas que formularon, pois estaban convencidos de que non durarían máis de 2 semanas porque non tiñan osíxeno e non o podían regar.






- Outros dos experimentos foi extraer ca clorofila das follas das espinacas, para ver se ese pigmento podería tinguir algún elemento. Probaron con papel absorbente e con xiz branca. Puideron observar que ambas se volvían de cor verde, de diferentes verdes. Polo que investigaron un pouco máis e atoparon que existen varios tipos de clorofila dentro dunha mesma planta.




- Outro grupo comprobou a respiración das plantas. Para iso introduciron unha planta con raíz nun bote con auga e un pouco de bicarbonato, deixaron pasar un poucos minutos e viron como nas follas das plantas había burbullas, coas que concluímos que é o osíxeno que desprenden ao facer a fotosíntese. Este experimento axudounos a comprender o que pasaba no miniecosistema que fixeran facía unhas semanas.



- Por último, outro grupo fixo unha tinción de flores brancas para ver e comprobar que as plantas absorben a agua e as sales nominerais do solo e que a mesma chega a todas as partes da planta. Para este experimento precisamos agardar un par de días. Aínda así puideron ver como cores como o vermello e o azul tinguían os pétalos en apenas unha hora e que cores como o verde o amarelo ou o laranxa case non se aprecian varias días despois.