XOÁN NEIRA (Farrapos de nube , Xiz de cor...) mestre e poeta de Viveiro estivo na biblioteca cos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria. Explicounos os anagramas, acrósticos ,caligramas... e intentamos escribir algún nós. Tamén nos recitou poemas e agasallounos cuns caligramas e unha poesía sobre o rato da biblioteca.
Dentro das actividades de formación de usuarios que estamos facendo na biblioteca, os nenos e nenas de 6º que forman parte do Equipo de Colaboradores presentan a biblioteca e as diferentes zonas. IMOS DE VIAXE CON EL@S!!!
Para conmemorar este día xuntámonos na biblioteca e os nenos e nenas do cole leron contos, recitaron poemas , adiviñas... ademais entregamos a cada familia un exemplar do xornal "O charlatán de Covas" que elabora o Equipo de Normalización Lingüística do Colexio no que colaboramos tod@s.
Debuxo para a contraportada do xornal.Preme na imaxe.
Mario Benedetti o gran poeta morreo aos 88 anos en Montevideo. Este é un recordo dos seus poemas (video do blog de Cervo) Se queres ler máis poemas de Mario Benedetti, preme AQUÍ.
Celebramos a Semana da lectura no cole. Durante a hora de ler o colexio era un ir e vir de nenos e nenas polos corredores con papeis e libros nas mans cheos de poesías, adiviñas, contos...Con poucos nervos porque este é o segundo ano e nótase que non teñen "medo escénico" foi todo un éxito.Aquí tedes as fotos... e a disfrutar!!!