O día 22 celebramos o último día do trimestre recibindo aos Reis Magos na biblioteca e todos os nenos e nenas tiveron un agasallo. Despois os nen@s de 6º escenificaron unha obra de teatro moi, moi divertida " O conto tolo, tolo, tolo". Todos no colexio disfrutaron desta festa. Para ver as fotos teredes que esperar un pouquiño. Ata o ano que ben!
A Coordinadora Galega de ENDL vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal.
1.- Postais elaboradas polo alumnado Este espazo acolle felicitacións feitas polo alumnado e permite que calquera usuario envíe algúns destes traballos para felicitar o Nadal e o Aninovo a través da rede. O prazo de recepción de postais continuará aberto ata o 17 de decembro (vid. instrucións no documento anexo). Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e ao Apalpador.
2.- Recursos para traballar nas aulas Escolma de recursos sobre o Nadal elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, etc.