Bibliocovas
CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
COVID-19
(Mover a...)
PÁXINA PRINCIPAL
▼
28/2/12
CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA
Conmemoramos o
Día de Rosalía
cunha lectura de poemas .O primeiro sobre o Pórtico da Gloria con proxección de imaxes do pórtico. Escoitamos a canción de Martirio e Amancio Prada sobre o poema "Vamos bebendo" e despois recitaron os nenos e nenas de 6º.
"O sol poniente, polas vidreiras
da Soledade, lanza serenos
raios que firen descoloridos
da Groria ós ánxeles i ó Padre Eterno."
27/2/12
ROSALÍA DE CASTRO
O 24 de febreiro conmemoramos coma todos os anos o Día de Rosalía. Os nenos e nenas levaron para as casas esta publicación con poemas de Cantares Gallegos e unha rosa para pintar.
cantares gallegos
26/2/12
NA BIBLIOTECA HAI MOITA ARTE
PINTURA
20/2/12
COPLAS DO ENTROIDO
19/2/12
ENTROIDO 2012
Así de ben o pasamos no Entroido coa visita de
"O MECO"
que nos mandaba poñer cada cousa. Todos lle fixemos caso e obedecimos... por si acaso. Tamén fixemos coplas ao Entroido que leron os de 6º polas clases.
8/2/12
O ENTROIDO ESTÁ A CHEGAR
RECURSOS PARA O ENTROIDO RECOMPILADOS POLA COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
BÓTALLE UNHA OLLADA... VAICHE GUSTAR!
Visto no blog
TRAFEGANDO RONSEIS
4/2/12
DÍA DA PAZ 2012
O 30 de xaneiro conmemoramos no centro o día da paz cunha escenificación do poema de Nicolás Guillén "A muralla". Despois todos os nenos e nenas dende 3 anos ata 6º leron poemas alusivos a este día.
‹
›
Inicio
Ver versión web