COVID-19

6/5/24

A súper acción de Mauricio. Asociación de Saúde Mental de A Mariña

A súper acción de Mauricio é un libro creado polas persoas usuarias da Asociación Saúde Mental de A Mariña facilitado por Lucas Requejo. No día de onte viñeron presentar o conto e falar sobre todos eses aspectos co alumnado de primeiro e de segundo de Educación Primaria.

Ademais, o alumnado puido gozar coa actuación de maxia do mago "Joge".



















2/5/24

2 de MAIO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Para conmemorar o Día Internacional Contra o Acoso tivemos varias actividades no cole.

O alumnado de 4° de Educación Primaria realizou un Scape Room organizado por AREA60. Nel, Lucas un neno de 9 anos, chega a un novo cole e os seus compañeiros e empeza a sufrir bullying.
























Inauguramos o punto laranxa, un lugar onde o alumnado poden trasladar as posibles situacións de acoso propias ou que sufran terceiros.



O alumnado de 6º de Educación Primaria organiza o torneo de fútbol-sala "Márcalle un gol ao acoso", un torneo que terá lugar no recreo dos martes e venres, no cal todos os partidos comezarán cun saúdo dos dous equipos contra o acoso escolar e pondrase unha canción contra o acoso ao comezo dos partidos. Ao finalizar o torneo, o alumnado de 6º pasará aos participantes unha enquisa sobre os seus sentimentos durante a participación do torneo e sobre posibles situacións de acoso escolar.




Grupo de Participación Adolescente de Viveiro

O pasado luns recibimos a visita do Grupo de Participación Adolescente de Viveiro para explicarnos a súa implicación e participación no día a día do Concello de Viveiro coa posta en marcha dunha andaina solidaria, colaboracións coa residencia de anciáns, un corto contra a Violencia de Xénero,…..e moito máis. 

Para anotarse a un grupo de Participación Infantil hai que dirixirse a “Xuventude” no noso Concello. 

Gustounos ver a unha antiga alumna do noso cole dentro do grupo.

Moitas grazas 😍





24, Rúa da Microrrede. Microrrede PLAMBE da Mariña 2024

Chegou o mes de maio e con el o encontro anual dos centros da Microrrede da Mariña. Este curso a Asesoría de Bibliotecas centrouse na Banda Deseñada polo que, desde a Microrrede acordouse homenaxear a Ibáñez e crear o noso propio vecindario entre todos os centros. 

Podedes visitar a exposición desde o 7 ao 10 de maio no Salón Multiusos de Concello de Viveiro!!!!

Pero a exposición non ven soa, conta con actuacións e incluso con talleres de Banda Deseñada para todos aqueles alumnos e alumnas que disfruten creando e debuxando as súas propias historias.

Consultade as datas e horarios no cartaz e apuntádevos chamando ao noso cole 982-870948. Lembrade que o lugar de realización é o Multiusos do Concello.

Aquí vos queda toda a info para máis detalle.

ANÍMATE E PARTICIPA!!!!!