COVID-19

7/4/25

Onte domingo hoxe luns das tortillas

Onte foi Domingo de San Lázaro, domingo anterior a Domingo de Ramos. En Viveiro foi o domingo das tortillas, como manda a tradición.

Hoxe, como en anos anteriores, quixemos celebralo no patio do cole coas nosas tortillas.

Que importante é transmitirlle aos nenos e nenas as tradicións da nosa vila!!!!


























6/4/25

Como te chamas?

Ela chegou ao patio do noso cole o Día das Artes Galegas 2025 para inundalo de flores, de luz, de ledicia.

E veu para quedar. Para acompañarnos no tempo de lecer. 

Ela xa é parte de nós, xa é Covasmola!!! Nela "Florece Covasmola"


Pero, como te chamas?
Aínda non tes nome!

Os nenos e nenas do cole de Covas porancho, Como?
Cada clase do cole propoporá un nome e a explicación de por que "ela" se debe chamar así.
Os nove nomes que sairán das nove aulas irán a votación para decidir cal é o que mellor a representa.

Xa tedes pensado o voso?

Preme na imaxe para participar...







2/4/25

2 abril: Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

 Para conmemorar a data, desde a Bibliocovas propuxemos a lectura de "Tea"


Este libro ofrece una experiencia para empatizar coas personas TEA (Trastorno de Espectro Autista). Grazas ás gafas, o noso alumnado viviron unha dobre experiencia dun mismo conto. Foi xenial!