COVID-19

25/12/09

PARA OS MÁIS PEQUENIÑ@S



Xa estás de vacacións! Xa tes tempo para ler, xogar, ver a tele, estar coa familia e cos amigos... pero tamén podes xogar coa vaca Connie que é moi divertida.

20/12/09

NO NADAL CHEGA O APALPADOR OU APALPABARRIGAS




Algunhas entidades culturais galegas están colaborando na recuperación dun personaxe da tradición popular do Nadal: O Apalpador .En diversas comarcas da alta montaña do leste de Galiza, así como en diversos puntos do oeste do Bierzo, mantíñase ata datas moi recentes a tradición do Apalpador: un xigante con oficio de carboeiro que, durante as datas do Nadal, baixaba das montañas onde vivía ata as aldeas, coa intención de apalpar as barrigas dos máis pequenos das casas, para comprobar se estaban ben mantidos.O Apalpador vixiaba que comesen ben e desexáballes un novo ano no que seguisen sen pasar fame, deixando como agasallo unhas cantas castañas quentes para que lembraran a súa visita.A tradición, recollida por José André Lôpez Gonçález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Crese que se trata dun costume de orixe precristiá que no seu momento debeu estar estendido por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente. (Extraído de Vieiros.com) O artista de Neda, Leandro Lamas deseñou a preciosa imaxe que se está a empregar na campaña para a recuperación de O Apalpador.

15/12/09


Preme na imaxe e poderás vela máis grande

Postal de felicitación da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

14/12/09

CARTA AOS REIS MAGOS

O Equipo da Biblioteca e de Normalización convídanvos a escribir unha carta aos Reis Magos pidindo...LIBROS e desexándo a tod@s un BO NADAL E FELIZ 2010


Preme enriba da imaxe para ver a carta

PARA "MANITAS"

Agora que veñen as vacacións de Nadal... Por que non facer adornos para decorar a casa?
Ademais podedes colaborar toda a familia.




Preme na árbore...hai máis cousas

7/12/09

COPENHAGUE E O FUTURO DO PLANETA

Hoxe comeza en Copenhague unha reunión para parar o cambio climático.Estamos a tempo de paralo?

Preme na imaxe para entrar en CLIMÁNTICA

Climántica é o novo proxecto de educación ambiental da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Este proxecto é froito do traballo en equipo levado a cabo por diferentes expertos e que se iniciou en setembro de 2006. O equipo Climántica consta de catro grupos de traballo –didáctica, edición gráfica, multimedia e asesoría científica – que traballan coordinados mediante o uso dunha plataforma colaborativa situada na intranet da web do proxecto.
Preme na imaxe se queres xogar e salvar o planeta

30/11/09

Galicia, a la cabeza de España en fomento de la lectura juvenil

Exporta a otras comunidades algunos de sus programas para niños y adolescentes

Los niños son los mayores lectores de la casa, pero al llegar a la adolescencia esta tendencia se invierte. En España, uno de cada tres jóvenes de quince años tiene problemas para leer o, al menos, para entender lo que lee. Sin embargo, eso no es así en todas las comunidades, y en Galicia se está demostrando que si a los jóvenes se les ofrecen los estímulos adecuados, estos no dejan los libros.

En la comunidad hay tres grandes programas con una excelente acogida entre padres, profesores y alumnos, tanto que Cristina Novoa -asesora de la Xunta en esta materia-, viaja por España explicando a otras Administraciones cómo ponerlos en marcha. Se han conseguido gracias al esfuerzo y dedicación de los profesores y son: los clubes de lectura; la Hora de Ler, veinte minutos en los que todo el centro lee a la vez; y las Mochilas Viaxeiras, que lleva libros y películas variados para que las familias los disfruten unos días.

Los expertos creen que este tipo de actividades mejorarán a medio plazo la comprensión lectora de los jóvenes, que en Galicia está por encima de España, rozando el tercer nivel de los cinco que calcula la OCDE en el informe Pisa.

Xornal: La voz de Galicia

Autor:
Sara Carreira
Fecha de publicación:
29/11/2009

CARLOS NUEVO CAL Y EMILIO XOSÉ INSUA GAÑADORES DO PREMIO ANXEL FOLE

Maruja Mallo

Carlos Nuevo Cal y Emilio Xosé Insua gañan o Premio Anxel Fole por segunda vez.

El ensayo 'Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal (Materiais para unha biografía exacta e completa da pintora viveiresa entre 1902-1936)', de Carlos Nuevo Cal y Emilio Xosé Ínsua se hizo hoy con el XXIII Premio Anxel Fole, dedicado en esta edición a la figura de la pintora lucense y que constituye la segunda vez que estos autores se hacen con el galardón.

El jurado del premio otorgado por Caixa Galicia anunció hoy la decisión de galardonar esta obra, coescrita por el profesor y ensayista Carlos Nuevo Cal y el profesor Emilio Xosé Ínsua, ambos originarios y muy vinculados a la localidad lucense de Viveiro, cuna también de la pintora Maruja Mallo.

Nuevo Cal e Ínsua fueron ganadores también de la XVII edición del premio Anxel Fole con el ensayo 'O primeiro Antón Vilar Ponte. Achegamento ao periodo de formación do fundador das Irmandades da Fala (1881-1908)', en 2003, el año en el que este galardón se dedicó a la figura del pensador galleguista.


25/11/09

BIBLIOTECAS ESCOLARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


A biblioteca do CEIP de Pazos fixo este lazo contra a violencia de xénero.
Graciñas

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Debuxos dos nenos e nenas de 4º de Primaria do cole para recordar este DÍA.


















13/11/09

FESTA NO COLE PARA CELEBRAR O MAGOSTO




O día 11 de Novembro celebramos no cole o Magosto cunha exposición de cabazas feitas polos nenos e nenas.Todos os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas e as nais da ANPA asáronnas nunha panadería.Tamén vimos como se asaban as castañas nun bombo e despois comimos nelas e estaban boísimas.
Pero eso non foi todo xa que era o DÍA DO PEÓN ("Polo San Martiño, peóns ao camiño")e decoramos os nosos peóns que temos expostos na entrada do colexio.
Os nen@s de 6º leron o Manifesto do "Dìa do peón 2009" TIRA POLA PIOLA de Suso de Toro e tod@s entonamos a canción designada como o himno da xornada "Como o trompo" composta pola banda Ourensans.
E para rematar disfrutamos facendo bailar e xirar os nosos peóns.

6/11/09

PRÉSTAMOS USANDO MEIGA

Xa estamos facendo os préstamos da biblioteca a través do programa Meiga.
Polo momento fanno as profesoras pero todos os nenos e nenas están desexando utilizar o lector de código de barras...
Tamén fixemos unha actividade de formación de usuarios para o profesorado do colexio sobre a consulta OPAC (consulta de catálogos na rede).

30/10/09

ASTERIX E OBELIX CUMPREN 50 ANOS




Tod@s coñecedes a estes dous galos chamados Asterix e o seu amigo Obelix.
Pero canto sabedes deles?

22/10/09


A nosa biblioteca únese a unha cadea solidaria que nos chega desde a biblioteca do colexio de Cervo.Trátase de axudar a unha escola de Haití e a iniciativa ven do blog Crea e aprende con Laura, alí explícannos HISTORIA DESTA ESCOLA E DESTE SELO.
NORMAS DO SELO:
1- Pasa este selo a 5 blogs e se queres, resume a información que vai aquí, engade outra ou enlaza este post.
2-Pasa esta información a todos os lugares ou organizacións que creas que poden colaborar co proxecto da escola.
3-Están invitados a colaborar todos aqueles blogs ou personas aos que chegue esta información indirectamente ou a vexan colgada.
4-Aporta o teu pequeno graniño de area, que vai dende colgar e pasar este selo ao que ti queiras. Si queres e podes aportar algunha axuda económica podes facelo nesta conta:
CAIXA 2100 4252 68 2200097687Asunto: escuela
Eu mando este selo ao CEIP DE PAZOS, BIBLIOVALADARES,BIBLIOTECA DO COLE, BIBLIOGALDO E BLOGUELENDO.

14/10/09

XA TEMOS EQUIPO DE COLABORADORAS 09-010



O novo equipo de colaboradoras xa está traballando na biblioteca.Se ve que o de poñer un anuncio deu resultado.
Son 16 nenas entre 5º e 6º ( e xa hai lista de espera).
Todas están moi ilusionadas e poñen moito interés.
Graciñas a todas!!!
Aquí está este estupendo equipo

AS MOCHILAS XA ESTÁN DE VIAXE



As mochilas viaxeiras comezaron a súa viaxe polas casas dos nenos e nenas do colexio.
Joaquín de 5º, Iria de 4º, Carla de 1º e a súa irmá Adela de infantil están así de content@s coas mochilas e van ter ata o luns para ver coas suas familias o material que levan.
Libros en galego, en castelán, libros de poesía e de banda deseñada,libros de consulta,música e películas son os materiais que van dentro... desexamos que disfrutedes con eles todos xuntos.

11/10/09

Resolución do PLAMBE


Como sabedes dende o curso pasado pertencemos ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) e para este curso 2009-2010 déronnos a cantidade de 4.000 € para mercar material tanto bibliográfico e audiovisual como mobiliario...
Temos moitas ganas de seguir mellorando a biblioteca e enchela de "amigos"(libros+nen@s).
Dende o equipo da biblioteca...
Graciñas a tod@s as persoas que axudan e colaboran nela.

E PARA SUBIR NOTA...


O cartel das bibliotecas escolares está deseñado por Miguelanxo Prado, un gran debuxante de banda deseñada.
Aquí vai a pregunta...QUE PERSONAXE CREOU PARA A TELEVISIÓN GALEGA E QUE É MOI QUERIDO POLOS NENOS E NENAS?
Se o sabes, leva a resposta á biblioteca do cole ou manda un comentario no blog.

17/9/09

BUSCAMOS COLABORADORES/AS


BUSCAMOS COLABORADORES/AS PARA A BIBLIOTECA
Para máis información preme na imaxe.




11/9/09

XA EMPEZAMOS!!!




Dende o equipo da biblioteca damos a
benvida a tod@s
e en especial aos novos alumnos e alumnas (pais/nais...)
Aquí tedes o menú ...
ESTADES INVITADOS!!!

2/9/09

DE VOLTA A CLASE!!!


"La siesta"(Sorolla)

Que mellor maneira de volver ó colexio que cun cadro de JOAQUÍN SOROLLA na que se pode ver unha figura lendo e outras descansando na herba.
ACABÁRONSE AS VACACIÓNS E COMEZAMOS
UN NOVO CURSO!!!!


"Niños a la orilla del mar" (Sorolla)

BENVID@S!!!


30/8/09

RECOMENDACIÓNS SOBRE A GRIPE A

COMO EVITAR OS CONTAXIOS


RECOMENDACIÓNS PARA OS PAIS E NAIS DE RAPAZES E RAPAZAS EN IDADE ESCOLAR

15/8/09

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Levo todo o verán mergullándome nos blogs e atopando cousas tan interesantes coma este video do blog "Trafegando ronseis".

11/8/09

Este video atopeino a través do fantástico "BLOGMANIACOS" e que publicou o blog "MÁS QUE LIBROS"do IES VEGA DEL GUADALETE (La Barca de la Florida, Cádiz) . Votádelle un vistazo.

AGASALLO DO BLOG "TI TAMÉN CONTAS"

Os nosos amig@s do blog "TI TAMÉN CONTAS" mandáronnos este bonito agasallo

Conchita, de Blogmaníacos, envíanos este bonito selo cunha fermosa mensaxe. Moitas grazas por este agasallo e, sobre todo, pola vosa amizade.

Pola nosa parte queremos enviarllo a algúns blogues importantes para nós, cos que sempre aprendemos cousas: Aprendendo todos xuntos, Contadora de soños, En la escuela caben todos, O lapis falador, Bibliobrey e Bibliocovas

24/7/09

MÁIS DIVERSIÓN... PARA IRMÁNS MAIORES


Buceando polo blog dos nosos amig@s do CEIP de QUINTELA vin esta revista dixital xuvenil de historietas "GALIMATÍAS" editada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Nela hai entrevistas, obradoiros para aprender a debuxar cómics, concursos,..

4/7/09

POR SI ESTADES ABURRIDOS... UN POUCO DE XOGO

Vai mal tempo e non podedes saír á rúa, nen ir á praia?
Este é un bo momento para xogar.


XOGA CON FERVELLO

Preme na imaxe


Os amig@s do blog "a tartaruga lectora" teñen uns contos interactivos moi divertidos.

Preme na imaxe


25/6/09

E PARA FINAL DE CURSO... TEATRO

Para celebrar o final de curso fumos tod@s (tamén foi o colexio Santa Rita de Galdo) ao teatro Pastor Díaz para ver a obra do grupo Migallas titulada "O LIBRO MÁXICO".
Un final de curso MÁXICO!!!!!