COVID-19

28/2/10

TriviRal



O estupendo blog EduTICprimaria tráenos o TriviRal , un xogo educativo, baseado no popular Trivial, que se xoga directamente na pantalla do ordenador sen ningún tipo de instalación.

Tódalas preguntas refírense aos seguintes temas: ciberbullying (acoso a menores), grooming (acoso sexual por adultos), software malicioso (virus, troyanos e espías).

Este xogo en liña forma parte da campaña de concienciación “Por una internet segura”, promovida polo “instituto nacional de tecnologías de la comunicación” e dirixida aos menores.

23/2/10

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

Preme na imaxe para ver a actividade.

O día 24 de febreiro conmemórase o Día adicado a Rosalía. Dentro do monográfico da biblioteca sobre o mar propoñemos a actividade "Rosalía e o mar".

21/2/10

MERGÚLLATE NA BIBLIOTECA


Durante o segundo e terceiro trimestre a biblioteca vai ser un mar de libros, contos, historias, poesías... xa que imos traballar sobre o mar. Xa estamos reunindo materiais para facer unha exposición de fotos, aparellos,obxectos... que van traendo das casas os nenos e nenas.

11/2/10

CELEBRAMOS O ENTROIDO

O venres día 12 de febreiro celebramos o Entroido.Fixemos un desfile polo Paseo Marítimo de Covas . Iamos tod@s disfrazados co tema do MAR e houbo unha morea de :piratas, peixes grandes e pequeniños, peixeiras, sereas,mariñeiros... Despois do desfile volvimos ao colexio , cantamos as coplas e queimamos o Entroido por malo,malísimo ,polos terremotos e furacáns, e tamén polos exames e tanto que estudiar. O millor foi cando comimos todas as lambetadas típicas do Entroido:filloas, orellas, rosquiñas... e despois xogamos e bailamos.



9/2/10

XA ESTAMOS NO ENTROIDO



Dende "O recanto de Mik" esta colección de recursos para o Entroido.

8/2/10

DE EXCURSIÓN AO TEATRO CON INFANTIL

O venres 5 fumos ao teatro os nen@s de Infantil (4 e 5 anos) ver a obra de títeres "Rosalía, unha pulga que escribía" representada por Galitoon.
Gustounos moito porque os títeres eran moi bonitos e a historia estivo moi ben.


2/2/10

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ NO COLE

Por fin o luns 1 de febreiro celebramos o Día da Paz. Saímos ao patio e os nen@s deleitáronnos con unha gran actuación bailando as "cariocas" acompañados da canción "Imagine".Despois tod@s cantamos "Viva a xente". Tamén elaboramos murais cos premios Nobel da Paz.
Aquí tedes as fotos: