O venres día 12 de febreiro celebramos o Entroido.Fixemos un desfile polo Paseo Marítimo de Covas . Iamos tod@s disfrazados co tema do MAR e houbo unha morea de :piratas, peixes grandes e pequeniños, peixeiras, sereas,mariñeiros... Despois do desfile volvimos ao colexio , cantamos as coplas e queimamos o Entroido por malo,malísimo ,polos terremotos e furacáns, e tamén polos exames e tanto que estudiar. O millor foi cando comimos todas as lambetadas típicas do Entroido:filloas, orellas, rosquiñas... e despois xogamos e bailamos.
¡¡PRECIOSO!! Parabéns por tan espectacular desfile.
ResponderEliminarTes un agasallo en bibliotics. Espero que che guste.
Apertas
Moi guapas e guapos todos, pero en especial os máis pequeniños, uns que van es estreliñas...Gustáronme moito. Bicos de Puca, a mascota da biblioteca dende Cervo.
ResponderEliminar