PREME NA IMAXE PARA FACER AS ACTIVIDADES Durante este primeiro trimestre traballaremos a FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA e dende a
biblioteca do CEIP de Pedrouzos (Brión), achégannos un enlace á súa aula virtual onde podemos entrar como convidados e coñecer un material de formación de usuarios, feito coa ferramenta LIM e que exemplifica o tipo de actividades que se poden levar a cabo desde a biblioteca, coa finalidade de
desenvolver no alumnado habilidades específicas para o uso das fontes informativas e dos recursos que esta pode ofrecer.
Agradecemos a xenerosidade do equipo da biblioteca poñendo a disposición de todos esta ferramenta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario