COVID-19

17/5/12

TRÍPTICO DE VALENTÍN PAZ ANDRADE

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e o Equipo de Dinamización da biblioteca realizaron este tríptico que entregaron a cada familia para homenaxear a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.

Tríptico_valentin

11/5/12

O BIBLIORAP


Este é o rap que fixemos coa axuda dos colaboradores da biblioteca e os diferentes equipos de dinamización do centro para traballar a formación de usuarios. Para que vexades que na biblioteca tamén hai ritmo.

10/5/12

LETRAS GALEGAS 2012- VALENTÍN PAZ ANDRADE

 
Carteis e guías gañadores da exposición sobre Valentín Paz Andrade e  materiais sobre este autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012

8/5/12

PREMIO AOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA



 

A Asociación de escritores e escritoras en lingua galega     concedeu o
Premio "Institucións" aos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros de ensino e aos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos. 
O premio recolleuno simbólicamente o Sr.D. Agustín Fernández Paz, escritor e mestre.
Se queres ler o discurso, preme aquí.

5/5/12

VISITA DE XOAN GUERREIRO AO NOSO COLE

O xoves día 3 tivemos a agradable visita do pintor XOÁN GUERREIRO, que vive en Xove, moi preto de Viveiro. No cole ensinounos parte da súa obra sobre todo a relacionada coa zona coas preciosas casas de indianos de "Os silencios da luz"  , paisaxes marinos da Illa de Area, de Covas vista dende o mar da colección "Mar tendido" ou as estacións do tren entre Lugo e Madrid... Tamén xogamos a adiviñar o cadro rematado partindo do boceto da súa colección "Fragmentos de Lugo". Falounos das técnicas que usa , da súa profesión  e animou a todos os nenos e nenas a coller lapis de cores e debuxar.
Todos aprendimos moito e foi un verdadeiro placer telo no colexio.
                                               Xoán Guerreiro no CEIP de Covas on PhotoPeach

SEMANA DA LECTURA 2012

Co gallo do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, celebramos no colexio a SEMANA DA LECTURA (Queres que che conte un conto?) na que todos os nenos e nenas van a outras clases a ler, dramatizar, recitar...
Durante esta semana, a hora de ler é especial e as clases reciben ansiosas aos nervosos/as contacontos.
Así os nenos e nenas de 6º reciben ilusionados aos de infantil e os de infantil van feitos unha chea de nervos ás clases dos "maiores".

2/5/12

MATERIAIS DIDÁCTICOS SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE


 Preme na imaxe e terás unha morea de actividades e recursos sobre este personaxe.

EXPOSICIÓN DOS CENTROS PLAMBE:DE ONTE A HOXE

h

Exposición que tivo lugar no Concello de Viveiro dos centros Plambe da zona.
A actividade titulábase "De onte a hoxe:lembrando o pasado" na que as familias contaban cal era o seu conto/libro favorito cando eran nenos/as.