O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e o Equipo de Dinamización da biblioteca realizaron este tríptico que entregaron a cada familia para homenaxear a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.
Tríptico_valentin
17/5/12
11/5/12
O BIBLIORAP
Este é o rap que fixemos coa axuda dos colaboradores da biblioteca e os diferentes equipos de dinamización do centro para traballar a formación de usuarios.
Para que vexades que na biblioteca tamén hai ritmo.
Labels:
bibliorap,
equipo_colaboradores,
nadal_2011,
video
10/5/12
LETRAS GALEGAS 2012- VALENTÍN PAZ ANDRADE
Carteis e guías gañadores da exposición sobre Valentín Paz Andrade e materiais sobre este autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012
Labels:
carteis,
Letras_galegas_2012,
materiais,
Paz_Andrade,
recursos
8/5/12
PREMIO AOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A Asociación de escritores e escritoras en lingua galega concedeu o
Premio "Institucións" aos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros de ensino e aos Servizos de Normalización
Lingüística dos concellos.
O premio recolleuno simbólicamente o Sr.D. Agustín Fernández Paz, escritor e mestre.
Se queres ler o discurso, preme aquí.
5/5/12
VISITA DE XOAN GUERREIRO AO NOSO COLE
O xoves día 3 tivemos a agradable visita do pintor XOÁN GUERREIRO, que vive en Xove, moi preto de Viveiro. No cole ensinounos parte da súa obra sobre todo a relacionada coa zona coas preciosas casas de indianos de "Os silencios da luz" , paisaxes marinos da Illa de Area, de Covas vista dende o mar da colección "Mar tendido" ou as estacións do tren entre Lugo e Madrid... Tamén xogamos a adiviñar o cadro rematado partindo do boceto da súa colección "Fragmentos de Lugo". Falounos das técnicas que usa , da súa profesión e animou a todos os nenos e nenas a coller lapis de cores e debuxar.
Todos aprendimos moito e foi un verdadeiro placer telo no colexio.
Xoán Guerreiro no CEIP de Covas on PhotoPeach
SEMANA DA LECTURA 2012
Co gallo do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, celebramos no colexio a SEMANA DA LECTURA (Queres que che conte un conto?) na que todos os nenos e nenas van a outras clases a ler, dramatizar, recitar...
Durante esta semana, a hora de ler é especial e as clases reciben ansiosas aos nervosos/as contacontos.
Así os nenos e nenas de 6º reciben ilusionados aos de infantil e os de infantil van feitos unha chea de nervos ás clases dos "maiores".
Durante esta semana, a hora de ler é especial e as clases reciben ansiosas aos nervosos/as contacontos.
Así os nenos e nenas de 6º reciben ilusionados aos de infantil e os de infantil van feitos unha chea de nervos ás clases dos "maiores".
2/5/12
EXPOSICIÓN DOS CENTROS PLAMBE:DE ONTE A HOXE
h
Exposición que tivo lugar no Concello de Viveiro dos centros Plambe da zona.
A actividade titulábase "De onte a hoxe:lembrando o pasado" na que as familias contaban cal era o seu conto/libro favorito cando eran nenos/as.
Labels:
concello,
de_onte_a_hoxe,
exposicion,
plambe
Suscribirse a:
Entradas (Atom)