COVID-19

22/2/13

O KAMISHIBAI

Os nenos e nenas de 6º de Primaria están realizando lecturas polas aulas  usando a técnica do Kamishibai.
O Kamishibai é un teatriño de orixe xaponés con láminas que representan un conto, escrito para ser lido ao público o cal só ve as ilustracións.
Foi unha técnica de "contacontos" moi popular no Xapón dos anos 50. O "Kamishibai man" (home Kamishibai) viaxaba de cidade en cidade en bicicleta, vendía dulces aos nenos e, colocando aos que mercaban algunha lambetada preto del, lía a historia, pasando as láminas dunha en unha.
  Para asegurarse a audiencia, paraba a lectura na parte máis interesante e remataba de contala a semana seguinte.
  Miguel, Eric e Óscar contáronlles a historia de "O soldadiño de chumbo" que tivo aos nenos e nenas de 1º totalmente concentrados.






20/2/13

ROSALÍA DE CASTRO

Recursos recompilados por bibliotecas escolares sobre Rosalía de Castro.





17/2/13

APRENDER A BUSCAR NA REDE

A nosas compañeiras de bibliotecas Olga e Charo fixeron esta preciosa presentación sobre aprender a buscar na rede.
Graciñas

9/2/13

ENTROIDO NO COLEXIO

Durante toda a semana celebramos o Entroido no colexio. O Meco dábanos as instrucións do que tiñamos que poñer cada día e había que facerlle caso. O venres comimos roscas, orellas e filloas feitas polas familias dos nenos e nenas. Despois de comer, xogamos e bailamos no patio. Estas son as fotos do noso Entroido.

8/2/13

NAVEGA CON RUMBO



O xoves día 7 tivemos unha charla para os nenos e nenas do 3º ciclo dentro do plan "Navega con rumbo". Este programa ten como obxectivo ensinar aos nenos e nenas a navegar seguros pola rede e facer un uso responsable das novas tecnoloxías. Dentro do programa hai guías dirixidas a pais/nais e profesores sobre a utilización de internet de forma segura e como axudarlles aos seus alumnos/as e fillos/as cando navegan pola rede. 

Para saber máis do plan NAVEGA CON RUMBO, preme  AQUÍ

3/2/13

XA VEN O ENTROIDO

 No colexio imos celebrar o Entroido co noso amigo o Meco que sempre nos sorprende para que veñamos con algunha indumentaria do máis estrana.
 "Chegou o Entroido ao cole
chegou o Meco tamén
sigue as súas instrucións
e pasaralo moi ben.

O luns para comezar
pecas na cara tes que pintar."




Actividade lim sobre o Entroido galego:
 Grazas Julia por compartir.