COVID-19

22/2/13

O KAMISHIBAI

Os nenos e nenas de 6º de Primaria están realizando lecturas polas aulas  usando a técnica do Kamishibai.
O Kamishibai é un teatriño de orixe xaponés con láminas que representan un conto, escrito para ser lido ao público o cal só ve as ilustracións.
Foi unha técnica de "contacontos" moi popular no Xapón dos anos 50. O "Kamishibai man" (home Kamishibai) viaxaba de cidade en cidade en bicicleta, vendía dulces aos nenos e, colocando aos que mercaban algunha lambetada preto del, lía a historia, pasando as láminas dunha en unha.
  Para asegurarse a audiencia, paraba a lectura na parte máis interesante e remataba de contala a semana seguinte.
  Miguel, Eric e Óscar contáronlles a historia de "O soldadiño de chumbo" que tivo aos nenos e nenas de 1º totalmente concentrados.






No hay comentarios:

Publicar un comentario